O Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico avanza na organización de eventos até 2026

O Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico reuniuse para continuar avanzando na planificación e organización dos eventos e actividades programadas até 2026 nas áreas de educación e cultura.
Manuel Vitorino, concelleiro de Cultura de Viana do Castelo, presentou a programación da VIII edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, título que em 2025 é ostentado por este municipio. O evento, cuxa inauguración está prevista para o 17 de febreiro de 2025, conta cun programa que Viana promete ser un hito cultural na rexión do Minho e que poñerá en valor as iniciativas culturais que levarán a cabo ao longo do próximo ano, fortalecendo a identidade cultural compartida entre Galicia e o Norte de Portugal.
Ademais, aprobáronse o regulamento e o cronograma da XV Bienal de Pintura, que se prevé inaugurar en finais de 2025 e continuar coa sua exposición itinerante durante o ano 2026 por algúns dos municipios do Eixo Atlántico. Este evento ten como obxectivo promover a arte e ofrecer aos artistas da Eurorrexión unha plataforma para mostrar o seu traballo.
Na área da Educación, o Departamento de Programa e Cooperación do Eixo Atlántico informou que as candidaturas para acoller a X Mostra Musical do Eixo Atlántico abriranse o próximo febreiro. As cidades interesadas poderán candidatarse para acoller este evento que, durante un fin de semana, reúne centenas de alumnos e alumnas de música clásica e jazz. A cidade de Barcelos, que foi sede da última edición en abril deste ano, destacou a gran participación dos estudantes de toda a Eurorrexión nun exitoso programa.
Tamén no ámbito educativo, avánzase neste ano lectivo 2024-25 cunha nova edición dos intercambios escolares. Este programa, na última edición permitiu que máis de 200 nenos e nenas de 2º ciclo de primaria puidesen coñecer outras realidades e tradicións, tomado a conciencia de pertencer a unha eurorrexión.
Así mesmo, durante a reunión, que foi online, Braga, Valongo e Vila Real presentaron as súas candidaturas para receber o VII Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito educativo. O resultado da votacións dos presentes foi favorable para Vila Real, sede que será aprobada na Comisión Executiva de decembro deste ano. Este seminario busca fomentar o intercambio de coñecementos e boas práticas entre os municipios do Eixo Atlántico.
Con estas iniciativas, o Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico continúa fomentando a cooperación entre os municipios da Eurorrexión, co obxectivo de impulsar o intercambio cultural e educativo entre os municipios dá Galicia e o Norte de Portugal.