O/as responsable de deportes dos municipios do Eixo Atlántico reuníronse en Braga.
Durante a xornada ultimaron os detalles dos XV Xogos do Eixo Atlántico, que se inaugurarán o próximo 30 de xuño en V.N. de Famalicão. As competicións celebraranse en Famalicão e en Braga até o 5 de xullo. As modalidades deportivas nas que se competirán son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino #sumar Fútbol 7 feminino. Nesta ocasión as competicións desenvolveranse paralelamente en Vila Nova de Famalicão e Braga, as dúas cidades organizadoras dos XV Xogos do Eixo Atlántico. Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixo Atlántico, esta edición tamén integra modalidades de deporte adaptado, coa participación de case 200 persoas, en liña coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación deportiva de toda a cidadanía.
Nos próximos días haberá unha rolda de prensa na que se coñecerán máis detalles do evento.
Na reunión tamén se avanzou nos torneos que se celebrarán nos próximos meses.