Ultímanse os detalles da nova guía turística orientada ao termalismo
O Foro Termal do Eixo Atlántico reuniuse en Vigo , na sede da entidade para analizar diversas accions. No referente a Guía Turística estanse a ultimar os detalles finais para poder ter finalizada a guía antes do verán en galego, castelán e portugués, e posteriormente disporase da versión en inglés. Esta guía distribuirase online, se ben que os membros do Foro están a traballar nunha posible distribución en papel.
O Seminario de Intercambios de Experiencias no ámbito do Termalismo terá lugar en Vizela o vindeiro 24 de outubro do presente ano, o Foro está a traballar no programa deste seminario no que algúns dos temas a tratar son: o termalismo social, os novos usos das augas termais ou a ISSO TC 228/WG2 (Medical Spa Services)
Na área de comunicación o Foro quere elaborar un plano de comunicación que poderá ser elaborado pola universidade de Vigo en colaboración con outra universidade portuguesa.
Na xuntanza asistiron os representantes das cidades de: Caldas de Reis, Ourense, O Grove, Santo Tirso, Santa Maria da Feira, Guimarães a Eurocidade Chaves-Verín, xunto con o secretario xeral do Eixo Atlántico e a directora da área de Programas e Cooperación da entidade.