Skip to main content

O Eixo Atlántico, xunto coa Prefeitura de Santana do Livramento e a Intendencia de Rivera, reúnense com membros do Goberno de Uruguai para falar da Axenda Urbana

O Eixo Atlántico, xunto coa Prefeitura de Santana do Livramento e a Intendencia de Rivera, reúnense com membros do Goberno de Uruguai para falar da Axenda Urbana

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, a Prefeita de Santana do Livramento, Brasil, e o Intendente de Rivera, Uruguai, reuníronse a semana pasada co Ministro de Medio Ambiente de Uruguai, Adrián Peña. Na reunión, que durou máis dunha hora, o Secretario Xeral informou sobre o desenvolvimento da primeira Axenda Urbana Binacional que se está a desenvolver nas cidades de Santana do Livramento (Brasil) e Rivera (Uruguai) coa colaboración do Eixo Atlántico

Nese contexto, o Ministro trasladou o interés do Goberno de Uruguay en desenvolver un Plan de Mobilidade Sostible no que xa se está traballando. O Secretario Xeral informoulle sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible e o Plan de Sostenibilidade Urbana que o Eixo Atlántico elaborou e os puxo á súa disposición, así como á do grupo de expertos, tanto portugueses como españois, que participaron no mesmo.

O Secretario Xeral, a Prefeita de Santana do Livramento e o Intendente de Rivera, reuníronse tamén coa Viceministra de Asuntos Exteriores de Uruguai, Carolina Achea, coa que trataron a apertura do Primeiro Gabinete Binacional (Transfronteirizo do Mercosur), así como as actuacións que están previstas no proxecto Fronteira da Paz, proxecto impulsado polo Eixo Atlántico coa cofinanciación da Comisión Europea, e no que se lles invitou a participar activamente.

Por último, reuníronse co Subsecretario de Turismo de Uruguai, Remo Monzeglio, quen lle informou ao Secretario Xeral do Eixo Atlántico, e demáis presentes, que no pasado impulsara a creación dunha escola de turismo en Uruguai inspirada na existente en Galicia, a Escola de Hostelaría da Barcia. Na reunión falaron sobre os modelos turísticos que impulsa o Eixo Atlántico, especialmente no turismo transfronteirizo ( no concepto “Dous países, un destino”) e no turismo de autor, que nestos momentos está iniciando o seu desenvolvemento.