Skip to main content

O Eixo Atlántico traballa para recuperar a súa axenda de actividades tras a crise

O Eixo Atlántico traballa para recuperar a súa axenda de actividades tras a crise

Desde o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular seguimos a traballar cada día para que unha vez se consiga superar a crise do coronavirus Covid-19 estea todo preparado para retomar a nosa actividade tal e como estaba programada.

Queremos lanzar unha mensaxe de optimismo, porque estamos segur@s  de que entre todas e todos imos superar esta situación e pensamos que o noso deber é estar preparad@s en todo momento para que cando se decrete o fin do estado de alarma poder volver con máis forza. Ese é o noso compromiso: continuar co noso traballo cada día porque non cancelamos actividades, senón que tivemos que adialas forzosamente, pero temos todo organizado para, unha vez finalice a crise,  retomar toda a programación tal e como a tiñamos estruturada.

Os eventos da Capital da Cultura en Braga, a Mostra Musical en Ferrol, os distintos informes e publicacións de interese para a cidadanía… todos os proxectos e programas, simplemente se desprazan no tempo, aínda dentro deste ano. A mellor forma de que consigamos volver á normalidadeé axudar entre todos a  impulsar a actividade económica.