A reunión con produtores de artigos de elaboración artesá é unha das estratexias contra a crise demográfica, especialmente, do interior
O Eixo Atlántico continúa traballando en elaborar estratexias para combater a crise demográfica nos concellos do interior. A entidade reuniuse esta mañá no Barco de Valdeorras cos pequenos produtores de artigos tradicionais e de excelencia de Galicia e do norte de Portugal co obxectivo de contribuir a fixar población nos territorios de baixa densidade poboacional.
Esta estratexia, ao igual que outras accións que se desenvolverán proximamente, pretende conseguir que a xente moza e en idade reprodutiva mude aos municipios despoboados. Para isto, é imprescindible ofrecer servizos e establecer unhas condicións laborais axeitadas: crear empresas, así como promover o turismo e o traballo autónomo vinculado co interior.
Este proxecto, que naceu durante a presidencia no Eixo Atlántico de Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, promoveu tamén unha feira anual de produtos tradicionais que se celebrou en anteriores ocasións.