Skip to main content

O Eixo Atlántico suxire un protocolo entre a Marinha Portuguesa e a Armada Española para desprazar a Portugal un buque hospitalizado

O Eixo Atlántico suxire un protocolo entre a Marinha Portuguesa e a Armada Española para desprazar a Portugal un buque hospitalizado

A medida suporía un importante apoio loxístico á sanidade portuguesa e ás personas contaxiadas pola Covid-19

2 de febreiro de 2021. O Eixo Atlántico propón un protocolo de colaboración entre a Marinha Portuguesa e a Armada Española para desprazar a Viana do Castelo un dos cinco buques hospitalizados cos que conta o Ministerio de Defensa de España, ente os que se inclúe un portaavións, en apoio a Portugal diante das necesidades sanitarias derivadas do impacto da terceira vaga da crise do coronavirus. 

Esta medida, foi explicada polo secretario xeral do Eixo en declaracións á televisión pública de Galicia (TVG), e podería supoñer un importante apoio loxístico á sanidade portuguesa e aos contaxiados pola Covid-19, con 726.000 casos confirmados.

A organización, que engloba 39 entidades locais de Galicia e o norte de Portugal, avoga por que España preste axuda con carácter inmediato a Portugal ante a difícil situación sanitaria que experimenta o país, co colapso de varios hospitais, como xa fixeron comunidades autónomas españolas como Extremadura ou Andalucía, unha medida que debe complementarse co apoio do goberno autonómico de Galicia, e que podería ampliarse ao uso dos recursos sanitarios  galegos no caso de que fose necesario.