Adiada a Mostra Musical de novos intérpretes prevista para abril en Ferrol, que se celebrará cando sexa posible
O Eixo Atlántico decidiu suspender todas as súas actuacións públicas ata que se supere a crise sanitaria producida pola propagación do coronavirus en ambos os dous países.
Ante a evolución da situación, todas aquelas actividades previstas para abril e maio foron suspendidas até que se controle a pandemia e as administracións públicas recomenden retomar a normalidade.
Tanto as medidas previstas polo Goberno portugués, como pola Xunta de Galicia nos últimos días, así como aquelas indicacións que emanan dos servizos médicos e o que dita o propio sentido común aconsellaron suspender todas reunións entre concellos e aprazar os eventos en curso.
En consecuencia, suspendéronse todos os eventos da Capital da Cultura de Braga durante este período e aprázase a Mostra de novos intérpretes prevista para abril en Ferrol, que se celebrará en canto sexa posible.