A finais de ano promoverá un Webfórum no ámbito da Educación, nunha sesión en que as cidades do Eixo Atlántico compartirán as súas preocupacións e desafíos
O Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico reuniu por vídeo conferencia a máis de 40 representantes políticos e técnicos das súas cidades para tomar decisións das actividades que o Eixo Atlántico promove anualmente nestas áreas.
A itinerancia da XIII Bienal de Pintura queda aprazada, pero xa ten exposicións programadas para o inicio de 2021. De xaneiro e xuño de 2021, desde a súa inauguración en Mirandela, pasará por Monforte de Lemos, Barcelos, Maia, Viana do Castelo, até a súa clausura en xuño, en Braga.
A VI Capital da Cultura será retomada no ano 2021, na cidade Braga, naquela que poderá ser unha nova oportunidade para dar impulso á cultura, expresamente á produción cultural do Eurorrexión.
A VII Mostra Musical pasa tamén para 2021, no mes de maio, e mantén a súa sede en Ferrol.
Os Intercambios Escolares quedaron aprazados para o próximo ano lectivo de 2020-2021, e as cidades manteñen o interese en realizar a actividade.
O V Seminario de Intercambio de Experiencia no ámbito da Educación, pasará para o ano 2020, continuando a partir de entón a realizarse de dous en dous anos.
Con todo, ao longo deste ano 2020, cara á segunda quincena de novembro, o Eixo Atlántico promoverá un Webfórum no ámbito da Educación, nunha sesión en que as cidades do Eixo Atlántico compartirán as súas preocupacións e desafíos, buscando solucións en conxunto, nun momento en que “a educación e a cultura, dous sectores moi penalizado, necesitan estabilidade”, segundo a presidenta deste grupo de traballo, Lídia Días, concelleira de Cultura de Braga.