O Eixo Atlántico reivindica “implicación” das autoridades locais no plan de recuperación
A Comisión Executiva dedicouse ao debate sobre os plans de recuperación e resilencia post-pandemia de Portugal e de España
Ricardo Río, presidente do Eixo Atlántico, criticou a “indefinición das condicións de implementación dos Plans de Recuperación e Resilencia de Portugal e España" e defendeu “a implicación activa” dos territorios e das súas autoridades locais e rexionais na súa concretización, que, no ámbito do euro-rexión Norte de Portugal-Galicia, debe suceder en base nos proxectos xa delineados.
Mostrándose preocupado coa “falta” desta implicación activo das autoridades locais e rexionais e tamén coa falta de cohesión entre os plans portugués e español, Ricardo Río, que é tamén alcalde de Braga, apuntou que “hai case dous plans e con velocidades e con prioridades diferentes”.
“Nós consideramos que iso ten que ser corrixido e esperamos que ao longo dos próximos meses sexa posible responsabilizar tamén aos territorios e ás súas autoridades locais e rexionais na implicación da concretización dos plans de recuperación e resilencia e limar, tamén, estas prioridades distintas que aparentemente existen entre o plan portugués e español”, asegurou o presidente do Eixo Atlántico
Comisión Executiva extraordinaria
En Viana do Castelo tivo lugar unha Comisión Executiva extraordinaria do Eixo Atlántico na que participaron por primeira vez os presidentes das Comisións Políticas creadas en virtude das conclusións da Conferencia de Alcaldes de Pontevedra así como os expertos de alto nivel de cada comisión.
Esta Executiva debateu monográficamente sobre os planos de recuperación e resiliencia post pandemia de Portugal e de España, e o papel que as autoridades locais xogaron na xestión da crise e por tanto a que deben xogar tamén na xestión dos fondos para a recuperación dos efectos da crise.
No debate, que se alargou máis de 3 horas, chegouse ás seguintes conclusións:
Os concellos xogaron un papel determinante na xestión da crise, desde os servizos básicos á poboación, incluíndo servizos sociais e educativos, a subministración á poboación de alto risco, as axudas a Pemes e autónomos, até a motivación e o mantemento do estado de ánimo colectivo nun momento extremadamente duro para o que ninguén estaba preparado.

En consecuencia, os concellos deben xogar un papel relevante na primeira liña da xestión dos fondos, incluíndo a aceptación das súas propostas sobre actuacións a financiar xa que son os mellor coñecedores das necesidades dos seus territorios e dos seus cidadáns.
Evidenciouse un déficit común, tanto en España, como en Portugal sobre o nivel de participación dos concellos, non só pola abertura dos gobernos cara a esta, senón tamén pola escasa aceptación de propostas provenientes dos mesmos.
Constatouse que tanto o programa español como o portugués, remitidos á Comisión Europea, integran os eixos principais que a Conferencia de Alcaldes do Eixo Atlántico identificou como prioridades para a saída da crise, en Pontevedra, o pasado ano. Desde esa óptica os alcaldes manifestaron o seu acordo cos eixos prioritarios de ambas as propostas portuguesa e española, aínda que lamentan que en moitos casos non se concretasen nas remitidas polos concellos.
Existe unha preocupación maioritaria sobre a eficiencia e o resultado dos fondos, xa que non responde maioritariamente a iniciativas innovadoras que desde o ámbito das cidades e os cidadáns contribúan á recuperación da economía. Igualmente existe o risco de que os fondos se atribúan a obxectivos que non se corresponden coa crise e mesmo empresas que estaban en crises antes da pandemia.
Igualmente existe unha gran preocupación sobre o aproveitamento dos fondos ou a posible perda dun volume importante polas trabas burocráticas que os sistemas que se están deseñando poidan levar.
Por tanto considérase da maior urxencia e importancia reforzar e incrementar a participación dos concellos na xestión destes fondos, tanto na súa programación como na súa execución, para garantir a eficiencia dos mesmos para os obxectivos aos que van destinados. Esta é unha situación que se produce tanto a nivel do goberno portugués como o español e da Xunta de Galicia.
Sen querer apuntar cal o plan “máis correcto”, se o español - que vai aproveitar o financiamento disponibilizada para a recuperación económica para aplicar en proxectos xa aprobados e que só esperaban financiamento - ou se o portugués - que adoptou unha estratexia diferente, definindo diferentes áreas de actuación prioritarias, o Presidente do Eixo Atlantico indicou que desde o punto de vista da implementación “crea espazos de desarticulación que cremos que poden ser perniciosos para a articulación que nós nos gustaría que existise, de feito, entre estes dous plans”.
O presidente do Eixo Atlántico criticou o feito de “non existir un verdadeiro escrutinio sobre os obxectivos que se queren alcanzar”, apuntando que ven anuncios de intervencións en varias áreas, pero que, na perspectiva da eurorrexión, “falta análise do custo/beneficio, ou sexa, do valor social e económico que esas iniciativas poden achegar no futuro”.
“Nós queremos ser desde o inicio unha parte activa na concretización destes proxectos, no formato de cada unha das accións que respondan os obxectivos que son importante perseguir”, sinalou Río.
Lara Méndez, vicepresidente do Eixo e alcaldesa de Lugo, dixo que a actual presidencia do Eixo Atlántico queda marcada pola pandemia de Covid-19 e polo combate aos efectos nefastos causados, pero subliña, que “dentro do Eixo, foron os municipios os grandes axentes de apoio á poboación na concepción de respostas inmediatas e solucións para os problemas que foron xurdindo coa pandemia”