Skip to main content

O Eixo Atlántico realiza o seu V Seminario deIntercambio de Experiencias no Ámbito da Educación en Sarria

O Eixo Atlántico realiza o seu V Seminario deIntercambio de Experiencias no Ámbito da Educación en Sarria

Os participantes, recibidos polo Concello de Sarria e pola entidade transfronteiriza, estiveron presentes no Seminario en que foron presentados proxectos sobre educación patrimonial, cidadanía, saúde mental e as competencias socioemocionais


8 cidades presentaron as súas experiencias en distintos ámbitos da educación, nesta ocasión centradas na educación patrimonial, a cidadanía, e na promoción da saúde mental e as competencias socioemocionais. O V Seminario de Educación do Eixo Atlántico realizouse no Salón de Plenos do Concello de Sarria.

Adelina Pito, Presidente do Grupo Temático de Educación e Cultura, Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixe Atlántico, e Claudio Garrido, Presidente de Sarria, recibiron os asistentes. Tras o seminario tivo lugar unha visita guiada ao Monasterio de la Madalena, en Sarria, e ao Monasterio de Samos, no Camiño de Santiago.

Adelina Pito iniciou o seminario destacando a importancia de "partillar as experiencias, as cousas boas e as menos boas?. Alén diso, asegurou que o Eixo Atlántico "ten a capacidade de nos unir en torno á educación?. Pola súa parte, o presidente de Sarria, Claudio Garrido, defendeu a educación pública mentres o Secretario Xeral criticou a ascenção dos populismos e asegurou que "deixa entrever o fracaso do modelo educativo. O modelo non fomenta a capacidade crítica".

Na temática da saúde mental, 3 cidades presentaron as súas boas prácticas coa moderação de Ana González Abelleira, Deputada de Lugo na Área de Formación, Ensino, e Economía do Coñecemento.

Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social e de Promoción da Saúde do Concello de Ames, expuxo o seu programa ?Regulación Emocional?. Despois de observar as consecuencias que a pandemia provocou nos mozos do ensino secundario, o Concello de Ames organizou 4 sesións de mindfulness dirixidas aos alumnos, familias e profesores co obxectivo de desenvolver unha maior competencia emocional.

Olegario Sampedro, Presidente do Instituto de Mediación Educativa de Ribeira, falou sobre a entidade. O IMER é unha asociación socioeducativa sen fins lucrativos creada en 2011, por profesores do ensino secundario. Os seus obxectivos son fomentar a mediación e o coñecemento como instrumento adecuado na xestión e resolución de conflitos no ámbito educativo e propiciar a Cultura de Paz e os Dereitos Humanos como ámbito adecuado de convivencia.

Marlene Sousa, do ProChild CoLAB de Guimarães, presentou "Coaction e a saúde mental dos nenos?, un proxecto comunitario de investigación-acción, co obxectivo de promover o benestar, a saúde mental e a resiliência dos nenos, entre os 3 e os 10 anos, durante e despois da pandemia da Covid-19, a través dunha acción colaborativa entre o ProChild CoLAB, o Municipio de Guimarães, o CIPsi e a APsi-UMinho.

A través deste proxecto, facilítase un rastreio on-line de problemas de saúde mental a cerca de 6000 nenos entre os 3 e os 10 anos de idade da rede escolar pública do Municipio de Guimarães, sendo ofrecida avaliación psicolóxica afondada e intervención psicolóxica empíricamente fundamentada, individualizada e gratuíta para as que presenten problemas de saúde mental e ás respetivas familias.

En materia de educación patrimonial e cidadanía, moderou a tertúlia Rubel Prol, vereado de Educación de Santiago de Compostela.

Beatriz Varela, técnica de Educación de Santiago de Compostela, presentou "Vivir nas cidades históricas", unha presentación que destacou a importancia das escolas colaboraren con outras entidades da cidade para que os nenos aprendan sobre patrimonio histórico, cultural e natural. O Concello de Santiago, a través de varios departamentos municipais, da rede de museos, así como dun bo número de entidades e empresas, conta con distintos recursos didácticos que converten a cidade nunha clase.

Algúns destes programas son "Vivir en Santiago", que facilita ás escolas os recursos da cidade, "Clase de Patrimonio", para coñecer as cidades. Patrimonio da Humanidade en España ou "Coñecer as cidades do Eixe Atlántico", que organiza intercambios escolares.

Isabel Teixeira, técnica superior de Educación de Vila Real, encerrou a temática de educación patrimonial e cidadanía coa iniciativa "Asemblea Municipal Infantil". O seu obxectivo é incentivar o interese, desde os primeiros anos, polos deberes e dereitos como cidadán, así como desenvolver capacidades de intervención e argumentación.

Por último, discutiuse a promoción das competencias socioemocionais. Esta parte do seminario foi moderada por Adelina Pito, Concelleira de Educación de Guimarães.

Mara Alves, técnica do Municipio de Santa Maria da Feira presentou o proxecto "O crecer do ler e ser". O traballo foi creado durante o ano letivo 2016/2017 coa intención de que as escolas e familias creen oportunidades que promovan o desenvolvemento cognitivo dos nenos, mais que garantan tambem a súa formación interpersonal. Deste xeito, a intención é alcanzar obxectivos académicos, sociais e emocionais nas distintas fases do ciclo vital a través de prácticas como a alfabetização emerxente e as cualificacións socioemocionais na educación pre-escolar.