Skip to main content

O Eixo Atlántico publica “Un Camiño de Futuro” unha guía en formato cómic do Camiño de Santiago

O Eixo Atlántico publica “Un Camiño de Futuro” unha guía en formato cómic do Camiño de Santiago

Presenta ás cidades do Eixo Atlántico polas que discorre en Camiño

“Un Camiño de Futuro” é a nova publicación realizada polo Eixo Atlántico. Trátase dunha Guía do Camiño de Santiago moi visual, realizada en formato cómic polos debuxantes Norberto Fernández e Daniel Docampo.
Percorre múltiples Camiños a Santiago como: Camiño Inglés, do Norte, Primitivo, Francés, de inverno, do Sueste, Portugués Interior, de “Geira e dos Arrieiros”, portugués central, Variante de Braga, de Torres, Portugués pola Costa, Mar de Arousa e Fisterra- Muxía. Estes camiños percorren as 35 cidades e a provincia de Lugo que se integran no Eixo Atlántico.

Edítanse 74. 000 exemplares de catro idiomas: castelán, galego, portugués e inglés.

O Camiño é unha oportunidade para coñecer a inmensa riqueza cultural, histórica e patrimonial que reúnen ás cidades do Eixo Atlántico e todas as vilas e lugares da contorna que atravesa o Camiño.

O Camiño de Santiago foi considerado, nas súas diversas rutas, o primeiro Itinerario Cultural Europeo e galardoado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no caso do Camiño Francés, estendido ao Camiño do Norte e ao Primitivo. Así mesmo, o Eixo Atlántico mantén todo o seu empeño para que se poida conseguir o mesmo recoñecemento para o Camiño Portugués.

LINK GALEGO PDF (32,9 MB)

LINK GALEGO EPUB (16 MB)

LINK GALEGO MOBI (35,5 MB)