Skip to main content

O Eixo Atlántico publica o cómic sobre a historia da Eurorrexión

O Eixo Atlántico publica o cómic sobre a historia da Eurorrexión

O cómic "Das Orixes á Unión Europea, Historia da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal" mostra a evolución da nosa sociedade desde os primeiros poboadores até a actualidade

O Eixo Atlántico presenta a súa nova publicación "Das Orixes á Unión Europea, Historia da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal", un cómic sobre a historia da Eurorrexión, desde os primeiros poboadores, en 300.000 A .C. , até a actualidade. Este cómic didáctico foi dirixido e redactado polo historiador Víctor Rodríguez. Daniel Docampo, Daniel Correia, Norberto Fernández e Martim Cordovil debuxaron as ilustracións.

Ao longo das súas 100 páxinas, o exemplar estrutúrase en cinco partes de maneira cronolóxica. Pode ler e descargar o cómic ( en galego, español e portugués) desde a web do Eixo Atlántico.

A publicación comeza cos primeiros poboadores na Eurorrexión e a chegada do Cristianismo (300.000 a D.C. - 650). Neste capítulo explícase a conquista dos romanos (a construción de cidades, estradas, pontes e outras infraestruturas); a conquista da Iberia polos pobos bárbaros: Suevos, Vándalos e Alanos; e a cristianización.

cómic portugués 50 webLa historia continúa co Reino Visigodo, ano 700, até a Revolta dos Irmandiños (ano 1500). Durante este período de tempo produciuse a conquista musulmá; o descubrimento da tumba de Santiago e a posterior construción da primeira igrexa e ascensión da súa importancia con Diego Xelmírez e O Pio Latrocinio. Ademais, vívese a consolidación do Reino de Galicia e a independencia do Reino de Portugal. Prodúcese guerra entre Portugal e Castela polo trono de Galicia e despois, a guerra polo trono de Portugal. Ensina varios exemplares da construción de igrexas e castelos tanto en Galicia coma Portugal

O comic portugués 50 webterceiro capítulo trata desde a Morte de Enrique de Portugal até o final da Ditadura de Salazar (1580 - 1974). Nestas páxinas ilústrase a morte de Enrique de Portugal e a Unión Ibérica; a lenda de María Pita (A Coruña); a Batalla de Rande; o plan de Ferrol; o florecemento dos Fidalgos e a construción dos seus pazos e negocios. Tamén se detalla a tentativa de Napoleón de conquistar Portugal e España; a Guerra Civil en Portugal que puxo liberais contra absolutistas; as sublevacións para reclamar un trato xusto para Galicia, e o Rexurdimento ante as ditaduras de Salazar e Franco.

O percorrido histórico remata co período que se viviu desde a Revolución dos Caraveis (1974) até os nosos días (2021). Nesta última etapa, a Eurorrexión viviu a autonomía de Galicia e a entrada na Comunidade Europea, así como a apertura de fronteiras e a solidariedade transfronteiriza en momentos difíciles.

O quinto capítulo do cómic trata sobre os 30 anos de historia do Eixo Atlántico, desde a súa fundación en 1992. A través das personalidades e traballadores e traballadoras do Eixo, a publicación explica as actividades desenvolvidas pola entidade e a súa importancia para a cohesión do territorio en áreas como a cultura, o deporte e o turismo, así como o impulso de redes europeas para a defensa de cidades periféricas nas políticas europeas.

Víctor Fernández, historiador e redactor do Cómic, asegura que: "Hai historias que claro que tiñan que estar presentes nesta obra, porque son coñecidas por todos, pero tamén tentamos dar a coñecer aquilo máis descoñecido que mostra a relación entre Galicia e o Norte de Portugal. Hai unha historia común, un pasado común e un futuro tamén común".comic portugués 93 web

Norberto Fernández, debuxante, afirmou que tento dar énfase ao contexto social e cultural de cada época para que o lector póidase trasladar "por exemplo, damos énfase á época da Movida en Vigo e en Portugal, pero tamén da época do Xabarín Club".

As ilustracións do Cómic da Historia da Eurorrexión foron deseñadas por catro debuxantes, dous galegos e dous portugueses. "Este é un proceso complexo porque a vea cómica sempre tes sempre tendencia para a esaxeración. Por exemplo, eu fixen un debuxo dos suecos e creeinos co aspecto de guerreiros e despois foron os historiadores que me corrixiron e dixeron como realmente tiñan que ser".

"Das Orixes á Unión Europea, Historia da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal", é o quinto cómic publicado polo Eixo Atlántico, cuxo orixe estivo en unidades didácticas para escolares. Dado o éxito das mesmas, decidiuse o formato de cómic para achegar distintas realidades da Eurorrexión aos máis novos con títulos como "Coñece O Eixo Atlantico", o Camiño de Santiago e, agora, a historia da nosa sociedade.

Esta publicación foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do programa Interreg V-A España - Portugal (POCTEP) 2014-2020.