Trátase dunha historia de aventuras na que os protagonistas percorren o Camiño Portugués
“O Báculo de Daghdha” é o último traballo do ilustrador galego Norberto Fernández e sae a á luz como a primera publicación de banda deseñada do Eixo Atlántico.
Trátase dunha historia de aventuras para todos os públicos na que os protagonistas percorren o Camiño Portugués desde Lisboa a Santiago na procura dun tesouro. O álbum de 48 páxinas, que conta con algúns “cameos” de alcaldes e personaxes populares de Galicia e Portugal, sae publicado a toda cor e repartirase este sábado a través de distintos medios impresos e dixitais de Galicia.
O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular quere agasallar aos cidadáns da Eurorrexión con esta pubicación no seu 25 aniversario, que está a celebrar neste ano 2017.
A súa versión en portugués, "O Cajado de Daghdha", repartirase en papel co xornal O Correio do Minho o vindeiro 14 de xullo.
Ambas as dúas publicaciones poden descargarse desde o sábado, 8 de xullo, a través da web do Eixo Atlántico, na sección de publicacións.