Skip to main content

O Eixo Atlántico presenta un informe crítico sobre o desenvolvemento das infraestruturas en Galicia e no Norte de Portugal nos últimos 20 anos

O Eixo Atlántico presenta un informe crítico sobre o desenvolvemento das infraestruturas en Galicia e no Norte de Portugal nos últimos 20 anos

O traballo baséase exclusivamente en datos oficiais de ADIF e Infraestruturas de Portugal. Descargue aquí o informe

O Eixo Atlántico presentou esta mañá un informe sobre o estado das infraestruturas en Galicia e no norte de Portugal. Este estudo, que cobre os últimos 20 anos, recolle os datos oficiais proporcionados por ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) e Infraestruturas de Portugal, deixando de lado calquera tipo de comunicación políticaportada informe infraestructuras ou propaganda electoral.

A presentación do informe tivo lugar no Consello Económico e Social de Galicia, e no acto estiveron presentes o presidente do CES, Manuel Pérez, o presidente do Eixo Atlántico, Luís Nobre, Alfredo García, vicepresidente do Eixo Atlántico, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o autor do informe, Francisco Gil. 

O análise realizado amosa unha visión crítica sobre o desenvolvemento das infraestruturas na Eurorrexión, salientando os avances, pero tamén os déficits persistentes. Entre os puntos máis destacados, indícase que, aínda que se lograron avances como a creación de tramos do AVE, estes foron moi limitados e non responden a unha mellora global. Por exemplo, o tramo único do AVE en Galicia e a falta de progreso na conexión entre A Coruña e Vigo son considerados insuficientes para cumprir cos estándares dunha rede ferroviaria de alta velocidade.

Un dos elementos máis negativos sinalados no informe é a autoestrada A-76, que non experimentou avance algunha nos últimos 20 anos. Así mesmo, a liña Ferrol-A Coruña e Betanzos-Lugo seguen sen avances significativos, o que limita a conectividade entre estas importantes cidades galegas.O Eixo Atlántico tamén destacou que, a pesar dos avances en certas áreas, a xestión política das infraestruturas estivo marcada pola falta de acordos entre as forzas políticas. Neste sentido, faise un chamamento a un pacto entre as tres principais forzas políticas con representación parlamentaria para deixar de utilizar as infraestruturas como unha ferramenta de confrontación electoral e centrarse nun desenvolvemento integral e consensuado.

O informe presentado subliña a necesidade urxente dun enfoque integral e colaborativo para o desenvolvemento das infraestruturas, co fin de garantir que a rexión poida competir con outras áreas do país e de Europa.

“Son a Procesión dos Caladiños cando gobernan e a Cofradía do Santo Lamento cando están na oposición, pero nunca se sentaron a negociar co Goberno central como fixo Fraga cando negociou con Felipe González as autovías”, manifestou Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

Francisco Gil, autor do informe, aseguro que: "Hai falta de interés. Por exemplo, no caso do tramo de Monforte a Covas, hai estudos que foro adxudicados cun prazo e aínda non se remataron".