Skip to main content

O Eixo Atlántico presenta o primeiro Mapa de Cohesión dun sistema urbano transfronteirizo

O Eixo Atlántico presenta o primeiro Mapa de Cohesión dun sistema urbano transfronteirizo

O informe mide o nivel de cohesión da Eurorrexión e inicia un proceso de innovación transformadora dos servizos e políticas sociais das cidades do Eixo

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o alcalde de Santiago, Xosé Bugallo, e o coordinador do informe, Roberto San Salvador, presentaron esta mañá, no Concello de Santiago, o Mapa de Cohesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico á Comisión de Política Social que preside, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé.

José Tomé Roca, subliñou que a cooperación entre administracións públicas "é a razón de ser do propio Eixo, e este Mapa é un exemplo dos obxectivos que se poden conseguir con esa colaboración. Porque un traballo desta envergadura non podería ser asumido en solitario por cada concello", subliñou o Presidente, quen destacou que esta análise "compón unha foto o máis exacta posible da realidade do conxunto do territorio".

Este informe pretende compartir información dos municipios do Eixo Atlántico entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaba a Axenda Urbana.

O informe foi elaborado polo equipo de Investigación da Universidade de Deusto Cities Lab Katedra, composto por:

º Roberto San Salvador do Val
º Braulio Gómez
º Fernando Villatoro
º Martiño Rubal
º Nerea Aranbarri
º María Jesús Monteagudo
º Geana de Miranda

Destacou o presidente da Comisión de Política Social do Eixo, Tomei Roca, que esta publicación "non está pensada para permanecer no estante dunha libraría. Está pensada para estar sobre as mesas dos responsables políticos e dos técnicos, para axudarlles a deseñar e desenvolver políticas públicas que corrixan os desequilibrios ou desigualdades que se poidan detectar en cada zona".

Neste sentido, incidiu en que "este Mapa non é un punto de chegada. É un punto de partida para deseñar o futuro dos territorios do Eixo Atlántico desde claves de desenvolvemento sustentable, igualdade, equilibrio territorial e universalidade no acceso aos servizos públicos, axudando a eliminar as posibles brechas de xénero, dixitais ou xeracional que perviven na nosa sociedade?. Unhas políticas que, incidiu, ?axuden a Galicia e ao Norte de Portugal a avanzar na Axenda 2030, que quere avanzar na consecución dunhas cidades máis inclusivas, seguras, resilientes e sustentables".

Para o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, "a situación que estamos a vivir coa tripla crise, a económica, a pandémica e, agora, a guerra en Ucraína, provocan un incremento das situacións de vulnerabilidade e empobrecimiento ao que se une, no noso territorio, o problema do envellecemento e o baixo poder adquisitivo no rural e o problema da fenda dixital que afecta aos mesmos sectores". Así, afirmou que é absolutamente prioritario" que acometamos a política social desde o coñecemento da realidade e, por tanto, poder definir as actuacións que se deben emprender coa maior urxencia".

Compartir información entre as cidades para corrixir desigualdades

O Mapa de Cohesión non é só unha fotografía de cada cidade que pertence ao Eixo Atlántico, senón que tamén pretende compartir información dos municipios entre eles para corrixir as desigualdades e mellorar as políticas coincidindo cos retos globais do ámbito local que fixaban a Axenda Urbana. "E iso é o que fixemos dunha forma innovadora porque ves a primeira vez que un sistema urbano transfronteirizo acomete a elaboración dun mapa de cohesión para coñecer a situación exacta do territorio e a comparativa no ámbito da cohesión social", subliñou Xoan Vázquez Mao.

O Mapa de Cohesión, o primeiro dun sistema urbano transfronteirizo, estuda a complexidade social, a igualdade de oportunidades, as brechas da vulnerabilidade; a dixitalización, a fenda dixital; a competitividade económica, o emprego digno e a brecha xeracional.

Tras a análise, Roberto San Salvador, autor do informe e Director do Equipo de Investigación Deusto Cities Lab Katedra, concluíu que a cohesión territorial das cidades e entidades do Eixo Atlántico evoluciona mellor que as desigualdades intraurbanas. Ademais, os datos que se mostran no informe reflicten un importante grao de cohesión. Para San Salvador, "as persoas en situación de vulnerabilidade e exclusión necesitan políticas sociais, máis personalizadas, máis transversais, máis integradas' por iso, sinala o autor, "Temos que atender as brechas de vulnerabilidade e exclusión que se están abrindo nas nosas cidades e territorios"

Os núcleos urbanos que pertencen ao Eixo Atlántico comparten unha cobertura sanitaria e educativa universal, a percepción de seguridade está estendida, a penetración dixital e as transformacións socioeconómicas han alcanzado a todos os espazos físicos. A maioría dos seus habitantes, independentemente onde vivan, gozan dunha elevada esperanza de vida, teñen acceso a unha alimentación de calidade, viven en barrios e casas que lles permiten levar unha vida digna, teñen acceso a espazos verdes e transporte público de calidade.

O estado de benestar defínese pola cobertura ás minorías

En cambio, existen un 25% de persoas que se atopan en risco de pobreza e exclusión, en maior ou menor grao, e que se concentran en similares porcentaxes en todas as cidades que compoñen a Eurorrexión.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou que ?o estado de benestar nunha sociedade democrática defínese pola capacidade de dar cobertura ás minorías, e nese sentido, o mapa que aquí se nos debuxa é unha guía de actuación para, desde as administracións, estar á altura da cidadanía e saber protexer aos máis vulnerables a través das políticas públicas ?, concluíu.