Skip to main content

O Eixo Atlántico presenta o informe do Mapa Ferroviario de Galicia á Confederación Galega de Asociacións de Veciños en Lugo

O Eixo Atlántico presenta o informe do Mapa Ferroviario de Galicia á Confederación Galega de Asociacións de Veciños en Lugo

Esta reunión, enmárcase no contexto de integración de todos os movementos sociais e económicos de Galicia na reivindicación e defensa dun ferrocarril moderno e competitivo

Esta mañá no Concello de Lugo tivo lugar unha reunión entre a Confederación Galega de Asociacións de Veciños (COGAVE), que preside actualmente a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e o Eixo Atlántico, para trasladarlles o Mapa Ferroviario de Galicia e pedir a implicación do movemento veciñal no seu apoio e impulso. Na reunión por parte das federacións estiveron representadas as federacións de Lugo, Vigo, Pontevedra, O Morrazo, Ourense, Ferrol e Coruña, e por parte do Eixo Atlántico a Vicepresidenta e Alcaldesa de Lugo xunto co Secretario Xeral da entidade.20723 reunion fav lugo 21

Esta reunión, a segunda que se produce tras a presentación que tivo lugar o pasado día 6 de xullo en Santiago de Compostela, cos axentes económicos e sociais e o Presidente do Consello Económico e Social (CES), enmárcase no contexto de integración de todos os movementos sociais e económicos de Galicia na reivindicación e defensa dun ferrocarril moderno e competitivo, tal e como está recollido nas propostas do mapa ferroviario de Galicia, presentado polo Eixo Atlántico.

Na reunión solicitouse da Federación o apoio ao Mapa Ferroviario con vistas a trasladar ao ministerio a posición unánime das forzas económicas e sociais e movementos asociativos en defensa deste proxecto.