Tras un proceso participativo chegouse a 27 propostas de actuación municipal
O Alcalde de O Carballiño, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, o Concelleiro de Dinamización Turística e a experta en turismo Carmen Pardo, coordinadora da publicación, presentaron hoxe o informe "Estratexias Turísticas para o Carballiño", informe que pretende sumar propostas ao traballo que se ven realizando para a dinamización do sector.
Tras un proceso participativo, que incluíu visitas de campo, entrevistas, focus group e visitas cliente misterio (virtual e presencial), chegouse a 27 propostas de actuación municipal que respectan os ODS (obxectivos do desenvolvemento sostible).
O documento estruturase en varios pilares, un de termalismo, como non podería ser de outro xeito, acompañado de outro de natureza, un terceiro de patrimonio histórico, outro de gastronomía e finalmente un sexto de marketing.
Proponse entre outros, no eixo de termalismo un proxecto de formación de sanitarios non médicos no sector termal ou un programa de incentivo ao residente para o termalismo así coma outra acción de atracción de investimentos. No eixo de natureza proponse un parque de aventura, dado que o diagnostico demostrou o potencial de Carballiño para atraer turismo familiar ou, no eixo de patrimonio histórico, a recuperación da antiga fábrica de papel como tourism lab da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.