Skip to main content

O Eixo Atlántico presenta a súa Axenda Urbana na delegación de Malasia en Braga

O Eixo Atlántico presenta a súa Axenda Urbana na delegación de Malasia en Braga

No contexto dos programas de internacionalización, financiados pola Comisión Europea, nos que participa o Eixo Atlántico, celebrouse en Braga unha reunión do grupo de expertos para presentar a metodoloxía, desenvolvemento e contidos principais da Axenda Urbana

Malasia traballa nun proxecto da Comisión Europea para incrementar estratexias conxuntas de desenvolvemento na Axenda Urbana e en materia de sostenibilidade.

O Eixo Atlántico elaborou a súa primeira Axenda Urbana Transfronteiriza de Europa no ano 2017. Esta axenda suscitou o interese de diversos territorios.

A Unión Europea está financiando a Primera Axenda Transfronteiriza de Latinoamérica coa participación do Eixo Atlántico. A Axenda Urbana é un dos principais eixos de actuación conxunta coa delegación de Malasia.

Neste grupo de traballo participaron a delegación de Penang, Malasia (George Town) e as Cámaras de Braga, Vila Nova de Famalicão e Maia, todos municipios que pertenecen ao Eixo Atlántico.