O Eixo Atlántico organiza un seminario para xornalistas en Pontevedra sobre a nova Comisión Europea

A xornada contou coa intervención de Lucas González Ojeda, director en funcións e xefe de Análise Político de Representación da Comisión Europea en España, quen abordou os temas clave da nova Comisión Europea
Durante o seminario, que contou coa participación de medios de comunicación de Galicia, González Ojeda profundizou nas prioridades da nova Comisión Europea, os principais puntos críticos desde a perspectiva da Comisión, e compartiu ferramentas e recursos para proporcionar aos xornalistas un enfoque áxil, verídico e rigoroso ao informar sobre os asuntos da Comisión Europea.
O acto de apertura estivo presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, quen destacou a importancia de iniciativas como esta para ofrecer información directa e sen distorsións aos xornalistas. "Non é o mesmo contar cunha fonte directa que recibir datos a través das axencias. Neste sentido, a nosa obriga é facilitar ese acceso directo ás fontes", explicou Vázquez Mao. Engadiu, ademais, que o momento actual, non só pola chegada da nova Comisión Europea senón tamén polo contexto internacional, fai que este tipo de formación sexa esencial para garantir a transmisión precisa e fiable da información.
O seminario constitúe un paso máis na misión do Eixo Atlántico de mellorar a comunicación e o entendemento sobre a Unión Europea entre os medios de comunicación e a cidadanía, asegurando que os xornalistas dispón de todos os recursos necesarios para ofrecer unha cobertura completa e rigorosa dos asuntos europeos.