O encontro, que se celebra este xoves no teatro Principal, é o primeiro destas características na península Ibérica
O Eixo Atlántico organiza en Pontevedra a primeira conferencia de alcaldes poscovid este xoves. No encontro, cofinanciado por Interreg España-Portugal/ Poctep/Feder, os 31 alcaldes que confirmaron a súa asistencia debaterán, cun conxunto de expertos de alto nivel, as políticas a desenvolver no marco do proceso de reconstrución para a superación da crise provocada pola pandemia, ao tempo que para reforzar a resiliencia das cidades para previr osefectos de vindeiras crises que se poidan producir.
Reportaxe do diario El Progreso de Lugo, publicado hoxe na súa edición impresa.