Skip to main content

O Eixo Atlántico organiza, en Culleredo, unha xornada de debate sobre Política Urbana

O Eixo Atlántico organiza, en Culleredo, unha xornada de debate sobre Política Urbana

Culleredo acolleu unha xornada de debate promovida polo Eixo Atlántico entre todas as cidades galegas que forman parte da entidade, a responsable de Políticas Urbanas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, *Ángela da Cruz, e o responsable de Desenvolvemento Urbano no Ministerio de Facenda e Función Pública, Esteban Molina Martín. Tamén foron convidadas o evento o cinco localidades galegas que xestionan un DUSI pero non pertencen ao Eixo Atlántico

Inauguraron o acto José Ramón Rioboo, alcalde do Concello de Culleredo, e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

Un dos eixos principais da política europea desde o punto de vista de interese das cidades é a Política Urbana. Especialmente, despois da crise pandémica e o papel que os concellos xogaron na atención ás persoas e na coordinación de resposta á crise.

Este ano está prevista a convocatoria dos novos programas de Política Urbana cofinanciados pola Comisión Europea e, especialmente, ao referente a España, dos programas de Desenvolvemento Urbano Sustentable (máis coñecidos até agora como EDUSI), proxectos que, para acceder a eles, é fundamental elaborar as Axendas Urbanas de cada cidade, proceso para ao que, á súa vez, tamén existe apoio financeiro. jornada política urbana 1

Neste sentido cabe lembrar que o Eixo Atlántico elaborou para o conxunto das súas cidades a Primeira Axenda Urbana Transfronteiriza de Europa e coordinou o proceso que culminou coa elaboración da Primeira Axenda Urbana Transfronteiriza do Mercosur entre Brasil e Uruguai.

Xa no período anterior 2014-2020, o desenvolvemento urbano era unha prioridade para a UE con todo, moitos núcleos urbanos galegos, debido ao seu tamaño, atoparon problemas para acceder aos mesmos, non só a escala europea senón tamén ás axudas a nivel nacional derivadas dos fondos UE destinados a desenvolvemento urbano. Así, un dos principais problemas cos que se atoparon varios concellos galegos é o derivado non só do seu tamaño senón da súa baixa densidade de poboación e a estrutura territorial de Galicia.

O problema téñeno as cidades de menos de 20 mil habitantes pero que son cabeceiras de comarca e que no seu conxunto superan 50 mil habitantes. Estas, a pesar de dar servizos públicos a un gran número de habitantes, non puideron acceder aos programas de política urbana debido a que as comarcas en Galicia non teñen personalidade xurídica recoñecida, problema no que o Eixo Atlántico vén discutindo tanto con autoridades autonómicas, nacionais como comunitarias en Bruxelas para que recoñezan estas áreas funcionais e, por tanto, estas cabeceiras de comarca poidan optar aos fondos europeos para a Política Urbana.

Durante a inauguración, o secretario xeral do Eixo Atlântico, sinalou que "durante esta xornada imos falar dun problema e do seu particular casuística en España e Portugal", sinalando como "o país luso ha resolto esta situación" e "como está a traballar o noso país" o tema das áreas funcionais, cuxo problema principal é que "principalmente municipios do interior con menos de 20.000 habitantes non poden candidatarse polo límite de poboación pero son cabeceira de Comarca de municipios de 50.000, pero non poden candidatarse aos fondos", facendo alusión a que "en Galicia nunca se legalizaron as Comarcas e aínda que é unha realidade física non poden optar aos fondos". Portugal, pola súa banda, "resolveuno estupendamente", en palabras de Vázquez Mao, con "a creación das comunidades intermunicipais".230208 adelina pinto souto y alcalde de o barco culleredo

"O que nos falta é ver como podemos presentar algo que nos de corpo xurídico para que sexa admisible, e por tanto, localidades do interior cunha área funcional que supere os 50.000 habitantes poida optar, en resumidas contas", finalizou o secretario xeral, non sen antes "agradecer a Ángela, a subdirectora xeral que leva a Axenda Urbana, e que foi a cabeza na sombra da axenda urbana española; a Esteban, que é quen leva a EDUSI; a Adelina, que preside o grupo de traballo de Educación e Cultura, así como a Xosé Manuel, unha das cabezas visibles en materia de ordenación do territorio e política urbana deste proxecto".

Pola súa banda, José Ramón Rioboo, alcalde do Concello de Culleredo, agradeceu a Vázquez Mao o "pensar en Culleredo para organizar estas xornadas", porque "o certo é que o noso municipio está no primeiro cinto metropolitano da cidade da Coruña, e que conformamos esa realidade, dun concello cunha parte urbana moi importante pero que á súa vez combina cunha contorna rural moi significativo, supondo os dous contrastes que supón un municipio destas características", insistindo en que "as políticas teñen que combinarse e estruturalas para que tanto a zona rural como a urbana teñan os mesmos servizos e as mesmas vantaxes, e esta é unha problemática que hoxe imos abordar aquí".

"Deberiamos cambiar o marco legistlativo para que os concellos puidésemos tramitar os nosos propios servizos, senón tamén tramitar as axudas que veñan desde outras administracións, como a central, a autonómica ou a europea, unha transversalidade que debería existir e que debería dirixirse á axilidade, sobre todo no que concierne á contratación, e todo isto relaciónase cos temas que hoxe trataremos aquí". O rexedor quixo "agradecer tamén a presenza de todos os asistentes, tanto dos que exporán e outorgarán un grao cualitativo excepcional ás xornadas, como os e as que vides escoitar e achegar, tamén sen ningunha dúbida constructivamente, para que podamos chegar a consensos e alcanzar solucións", finalizou Rioboo.

Ángela da Cruz, subdirectora Xeral de Políticas Urbanas, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, asegurou que: "O proceso de implantación da Axenda Urbana española a escala local está a ser sumamente exitoso e moitos concellos seguen sumándose á iniciativa".

Xosé Manuel Souto, profesor Catedrático da Universidade de Valencia, explicou que: "Para delimitar AUF debemos combinar criterios de densidade poboacional, identidade local e funcionalidade municipal".

Adelina Pinto, vicepresidenta da Câmara Municipal de Guimarães - CIM do AVE, destaco que: "Hai que pensar as cidades para os cidadáns. Cidades que sexan menos de arquitectos e máis de dar resposta ás necesidades dos cidadáns. É dicir, facer cidades funcionais".

1675857448433

Na páxina web do Eixo Atlántico pode consultar o informe "Criterios de limitación das áreas funcionais en Galicia".

Declaracións de José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo:

Declaracións de Ángela da Cruz, subdirectora Xeral de Políticas Urbanas, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: