O Eixo Atlántico manifesta a súa satisfacción e o seu apoio ás declaracións do presidente de Infraestruturas de Portugal con respecto á liña Porto-Vigo

O presidente de Infraestruturas de Portugal, Miguel Cruz, declarou, durante unha intervención este xoves, que a prioridade do goberno portugués é a conexión con Galicia, sen por iso rexeitar unha posterior conexión con Madrid
"Se me preguntan pola conexión Lisboa a Vigo ou Lisboa a Madrid, teño ganas de dicir Lisboa - Madrid tamén", respondeu Miguel Cruz, nunha intervención durante a 6.ª edición da Fábrica 2030, unha conferencia organizada polo ECO en Porto. A pesar de recoñecer que "a conexión a Madrid tamén ten unha determinada importancia, se me preguntan se é prioritaria a Lisboa-Vigo, a resposta é non".
A pesar de que o presidente de Infraestruturas de Portugal non ve a conexión ferroviaria a Madrid como prioritaria, Miguel Cruz adianta que "se quixésemos planear xa a conexión de alta velocidade de Lisboa a Madrid, a resposta é imos a iso". Con todo, Portugal xa ten por diante un "pesado investimento desde o punto de vista financeiro, de capacidade de obra Non podemos facer todo ao mesmo tempo. Necesitamos que este proceso vaia ben e dentro dos prazos" (conexión Lisboa-Porto-Vigo).
Esta posición coincide coa manifestada polo presidente do Eixo Atlántico, Luís Nobre, e o secretario xeral. Xoán Vázquez Mao, o pasado día 1 de febreiro na conferencia de prensa tras a celebración da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico en Vila Nova de Famalicão, na que afirmaban que "Lisboa, loxicamente, terá que ter dúas conexións, que non son incompatibles, pero a conexión Lisboa-Porto-Vigo-Coruña é prioritaria por ser a máis estructurante, tanto en Portugal como en Galicia". Así mesmo, explicaron que "trátase da liña que comunica todas as grandes cidades nas que habitan a maior parte da poboación, portos, aeroportos, universidades e centros tecnolóxicos e empresariais".
Igualmente, lembraron que esta liña xa está blindada e xa se iniciaron os procedementos, polo que os debates xurdidos ultimamente que buscan a confrontación de ambas as posicións ?son tan artificiais como estériles e só responden á situación política e electoral que se vive en España en xeral e en Galicia, en particular?.
A este respecto, o secretario xeral do Eixo Atlántico ratificou a posición de que o debate político en España non pode interferir nin distorsionar as lexítimas decisións do goberno portugués, que continuamente se ve obrigado a lembrar o que xa é un proceso irreversible: a primeira liña será Lisboa-Galicia.
Loxicamente, iso non é obstáculo para reforzar a comunicación con outros puntos como Lugo e, moi especialmente, Ferrol, xa que non hai que esquecer que a parte española da liña chámase Ferrol-Fronteira portuguesa.
+ INFO: https://eco.sapo.pt/2024/02/08/ligacao-lisboa-madrid-prioridade-e-ligacao-lisboa-a-vigo-diz-infraestruturas-de-portugal/
+ Vídeo (secretario general del Eixo Atlántico compadece ante los medios de comunicación): https://www.eixoatlantico.com/es/noticias/eixo-atlantico/a-politica-espanola-non-pode-vir-a-alterar-a-dinamica-portugues