Skip to main content

O Eixo Atlántico lidera en Bulgaria a 7ª reunión do proxecto EDIN para potenciar o nomadismo dixital en Europa

O Eixo Atlántico lidera en Bulgaria a 7ª reunión do proxecto EDIN para potenciar o nomadismo dixital en Europa

O Eixo Atlántico, como beneficiario principal do proxecto EDIN (European Digital Nomads), liderou a 7ª reunión do partenariado, celebrada en Varna, Bulgaria, do 24 ao 26 de febreiro de 2026. Durante dúas intensas xornadas de traballo, os socios mantiveron reunións do Comité de Dirección e de expertos, ademais de participar nun obradoiro interactivo centrado na comunicación intercultural aplicada ao fenómeno do nomadismo dixital. 

O encontro incluíu tamén visitas a espazos de coworking e hubs para nómades dixitais en Varna e Albena, co obxectivo de coñecer boas prácticas e modelos innovadores de ecosistemas de traballo remoto. Esta reunión permitiu reforzar a coordinación do proxecto, consolidar a colaboración entre rexións europeas e avanzar no desenvolvemento de territorios máis atractivos para traballadores en remoto e a economía dixital.

Como entidade líder, o Eixo Atlántico impulsa estratexias compartidas que favorecen a atracción de talento, a cooperación internacional e a consolidación de ecosistemas de nomadismo dixital en Galicia e o Norte de Portugal, no marco do Interreg Europe Programme.