Skip to main content

O Eixo Atlántico lanza un plan de mobilidade sostible para construir as cidades do futuro

O Eixo Atlántico lanza un plan de mobilidade sostible para construir as cidades do futuro

O Eixo Atlántico vén de presentar o seu primeiro Plan de Mobilidade Sostible: un novo marco que os concellos participantes desenvolverán de xeito común ou individual para construír as cidades do futuro

15 febreiro 2021. O Eixo Atlántico vén de presentar o seu primeiro Plan de Mobilidade Sostible: un novo marco que os concellos participantes desenvolverán de xeito común ou individual para construír as cidades do futuro. 

O plan ten como obxectivo adaptarse á nova mobilidade que xa está a cambiar e pon o foco na mobilidade segura, saudable, sostible, equitativa e intelixente como eixos que permitan confluír cara a un modelo de cidade compacta, diversa, eficiente e socialmente cohesionada.

Entre as propostas inclúese a concepción do transporte público como elemento estrutural do modelo de cidade con paradas cada 300 metros para facilitar a súa utilización e co obxectivo de que os desprazamentos internos en vehículo privado non superen o 25%. 

A aposta polas zonas verdes é tamén un dos elementos fundamentais, así como traballar para que o 60% do espazo público estea formado por ámbitos de mobilidade peonil ou a elaboración de plans de acción ante as emerxencias climáticas.

O Plan de Mobilidade Sostible, que será presentado nas vindeiras semanas, segue a liña do Pacto Verde a nivel europeo e foi elaborado por Francesc Cárdenas, Anabela Fernandes, Paula Teles, Pedro Ribeiro da Silva, Adelino Ribeiro, Ana Rei, Inês Rocha, João Ribeiro, Jorge Gorito, Patrícia Lopes e Tito Ferreira.