Skip to main content

O Eixo Atlántico impulsa a primeira Axenda Urbana transfronteiriza do Mercosur

O Eixo Atlántico impulsa a primeira Axenda Urbana transfronteiriza do Mercosur

O Comité para o Desenvolvemento Sostible aprobou a Axenda Urbana para o continuo urbano constituído polas cidades de Santana do Livramento, Brasil; e de Rivera, Uruguai

Ana Luíza Tarouco, prefeita de Santana do Livramento, Richard Sander, intendente de Rivera e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, presentaron en Santana do Livramento, este proxecto financiado pola Comisión Europea. Ao acto, de gran relevancia, asistiron responsables políticos e membros da sociedade civil. O Eixo Atlántico xa elaborara a primeira Axenda Urbana Transfronteiriza de Europa no ámbito da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A Axenda Urbana da Fronteira da Paz é un plan estratéxico que proxecta e reinterpreta as cidades de Santana do Livramento e Rivera, e o continuo urbano que forman xuntas, a nivel económico, social, ambiental e cultural. Trátase dun documento estratéxico con proxección a unha década, un horizonte temporal amplio que non está condicionado polos ciclos políticos da administración local, no que se identifican as principais líneas de desenvolvemento ás que aspiran os seus cidadáns.

221116 fronteira da paz 1

O proyecto pretende mellorar o goberno do continuo urbano de Santana del Livramento e de Rivera, promovendo unha cidadanía activa, a través dunha Axenda Urbana basada nunha metodoloxía participativa e aberta, beneficiándose da experiencia do Eixo Atlántico na concepción e consolidación da primeira axenda urbana transfronteiriza de toda a Unión Europea.

Así mesmo, ambas entidades avanzarán conxuntamente na creación dun plan de modernización da recollida de residuos que inclúe unha importante vertente social. O obxectivo é profesionalizar a citada recollida de residuos sólidos, tarea xeralmente exercida por personas en situación de vulnerabilidade.

A acción está desenvolta pola Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico cuxos especialistas asesoran ás autoridades locais na modernización da xestión de residuos sólidos. Estas accións se insertan no contexto das estratexias de internacionalización que o Eixo Atlántico está desenvolvendo para promover a transferencia de coñecemento e de boas prácticas de cidades europeas e dos especialistas galegos e portugueses que participan no proxecto.

A sociedade civil participa de forma directa na elaboración da estratexia 2030, con máis de 500 aportacións nas que se conclúe que o continuo urbano de Santana do Livramento e Rivera ten a ambición de afirmarse como unha comunidad atractiva para vivir, invertir, traballar, educar, estudar e visitar.

O proxecto prevé un custo total de aproximadamente 1,1 millóns de euros, e foi aprobado pola Comisión Europea. Ana Luíza Tarouco e Richard Sander tamén acordaron a creación do Foro Fronteira da Paz, un encontro anual para a presentación dos resultados da Axenda Urbana para o ano 2030.

Santana del Livramento, no estado de Rio Grande do Sul, en Brasil, e Rivera, no departamento de Rivera de Uruguai, forman unha cidade única de máis de 191 mil habitantes. Estos municipios, a pesar de facer unha vida en común, non poden compartir servizos ou inversións debido á ausencia dun cuadro xurídico como os existentes na Unión Europea.

A Unión Europea aprobou en 2020 o proyecto proposto polo Eixo Atlántico no cal participa a Prefeitura de Santana do Livramento, Brasil, para promover a aplicación de prácticas de economía circular na xestión dos residuos sólidos urbanos, e que contempla unha abordaxe de economía social e de inclusión social innovadora, orientada á dignificación e valorización da intervención dos sectores poboacionais máis desfavorecidos e vulnerables, baixo a denominación "Fronteira da Paz Sustentável".

221116 fronteira da paz 2