Skip to main content

O Eixo Atlântico, galardoado co prémio Monforte ao Ferrocarril

O Eixo Atlântico, galardoado co prémio Monforte ao Ferrocarril

O Eixo Atlántico recibirá o premio Monforte ao Ferrocarril polo seu interese, compromiso e defensa do ferrocarril en Galicia

O Premio Monforte ao Ferrocarril é un galardón organizado pola Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (Amafer). Nesta cuarta edición, o Comité Evaluador, formado por membros do Concello de Monforte, a Deputación de Lugo, a Xunta, o Colexio de Xornalistas de Galicia e o colexio galego de enxeñeiros de camiños, canles e portos, sinalou que considera merecedor desta distinción ao Eixo Atlántico «polo interese, compromiso e defensa do ferrocarril en Galicia que reiteradamente vén manifestando".

O Comité Evaluador engadiu que "A organización, por parte do Eixo Atlántico, de foros para o debate e a achega de estudos técnicos que vinculan as redes férreas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal serven como elemento para dar a coñecer a cuestión ferroviaria e reivindicar o ferrocarril en Galicia, establecendo vínculos sociais e económicos no conxunto da Euroregión».

Trátase da primeira entidade en recibir esta distinción no catro anos de celebración do premio Monforte ao Ferrocarril.

O acto de entrega do premio celebrarase o próximo día 18 de maio, a partir das doce do mediodía, no salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos. O acto estará presentado polo alcalde, José Tomei Roca, e membros do Comité Evaluador.