O Eixo Atlántico achegou a súa experiencia no Seminario de @interregeurope sobre Intercambio de solucións para unha mellor política rexional que se celebrou en Budapest. O Eixo Atlántico acudiu, en calidade de xefe de fila, aos seminarios organizados por Interreg Europe na capital de Hungría, Budapest.
A participación nestes seminarios serviu xornadas de formación na xestión do proxecto EURE, dedicado á mellora das políticas urbanas de desenvolvemento sustentable. Durante o tres días expuxéronse cuestións como a comunicación coas autoridades, medidas antifraude, boas prácticas, comunicación do proxecto, entre outras.
As xornadas tamén serviron como encontro de networking para coñecer outros traballos que se realizan en distintas rexións europeas e de posta en común de ideas para mellorar as políticas rexionais.