Skip to main content

O luns 10 de marzo, ás 12.00 h, oficiarase un funeral institucional na Catedral de Santa María, en Lugo

O luns 10 de marzo, ás 12.00 h, oficiarase un funeral institucional na Catedral de Santa María, en Lugo

Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo e vicepresidenta da mesa da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, faleceu o sábado 1 de marzo. Hai tan só unha semana, inaugurou en Viana do Castelo, cidade que declarou un día de loito, a Capital da Cultura do Eixo Atlántico e presidiu a XXXIII Asemblea Xeral. A súa perda deixa un profundo vacío e será lembrada pola súa dedicación e compromiso co Eixo Atlántico

Desde o Eixo Atlántico lamentamos profundamente o falecemento de Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo e vicepresidenta da mesa da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico. A súa partida deixa un vacío irreparable na política galega e nas institucións que tiveron a honra de ser representadas por ela.

Enviamos o noso máis sincero apoio á súa familia, amigos e á cidade de Lugo neste momento de fonda dor. Paula Alvarellos será lembrada non só como unha gran política, senón como unha persoa próxima, empática e comprometida coa súa cidade e coa súa xente.

O vindeiro luns 10 de marzo, ás 12:00 horas, oficiarase un funeral na Catedral de Santa María, en Lugo, promovido polo Bispado, co respaldo do Concello de Lugo, como parte dos actos de homenaxe.

Todo o equipo do Eixo Atlántico comparte o dolor por esta perda.

Descansa en paz, Paula. O teu legado perdurará en todos os que tivemos o honor de coñecerte e traballar contigo.

Lea aquí las cartas de condolencias enviadas por las ciudades del Eixo Atlántico.