Co obxectivo de manter á cidadanía informada sobre as nosas actividades, o Eixo Atlántico lanza hoxe o seu novo canal oficial de WhatsApp e a súa conta en Bluesky. Estes novos canais permitirán a todas as persoas interesadas recibir de forma rápida e directa os comunicados de prensa, actualizacións sobre os nosos eventos e actividades, e outras novidades da entidade.
Ademais, seguimos dispoñibles nas nosas plataformas dixitais tradicionais:
Como unirse ao canal de WhatsApp?
Para estar ao tanto de todas as nosas novas, só tes que entrar neste enlace. Así poderás recibir notificacións instantáneas de todo o que sucede no Eixo Atlántico.
Síguenos en Bluesky:
Poderás seguirnos tamén na nosa conta oficial de Bluesky, onde publicaremos contido exclusivo e actualizacións dos nosos proxectos. Búscanos como Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
A través destes novos canais de comunicación, buscamos achegarnos máis á cidadanía, facilitar o acceso á información e fomentar unha maior participación nas nosas actividades.