Skip to main content

O Eixo Atlántico e Santiago de Compostela presentan o cartel oficial dos XVI Xogos

O Eixo Atlántico e Santiago de Compostela presentan o cartel oficial dos XVI Xogos

A XVI edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebrarse entre o 5 e o 10 de xullo de 2026 en Santiago de Compostela e reunirá a mozos deportistas de Galicia e do Norte de Portugal

Entre as novidades desta XVI edición destaca a inclusión do voleibol masculino, garantindo a plena paridade de xénero en todas as modalidades. Ademais, elimínase a modalidade de fútbol 7, aínda que está previsto presentar á Comisión Executiva unha proposta para a creación dun torneo exclusivo para esta modalidade, tanto no feminino como no masculino. Outra das novidades será a redución da idade máxima de participación aos 14 anos, agás nas modalidades de deporte adaptado, fomentando así unha maior proxección e desenvolvemento do talento xuvenil. Con este cambio, Santiago de Compostela inicia o camiño para se converter no epicentro do deporte xuvenil da Eurorrexión en 2026, reforzando o seu compromiso co deporte inclusivo, a cooperación transfronteiriza e a promoción da mocidade. 

A edición de 2026 contará con cinco modalidades deportivas: balonmán, voleibol, baloncesto, natación e atletismo. As modalidades de atletismo e natación tamén terán competición en modalidade adaptada. Todas as disciplinas contarán con competición tanto masculina como feminina.

Esta actividad se enmarca dentro del proyecto Fénix, cofinanciado por Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027