Skip to main content

O Eixo Atlántico e Ponteareas reúnense para analizar os déficits das áreas funcionais

O Eixo Atlántico e Ponteareas reúnense para analizar os déficits das áreas funcionais

Trala integración de Ponteareas no Eixo Atlántico, coa intención de beneficiar non só ó municipio senón tamén á comarca do Condado-Paradanta, Ponteareas ten vindo a ser un municipio moi dinámico dentro da entidade. Probada disto é que a alcaldesa, Cristina Fernández, é a Presidenta do Grupo de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico

Neste contexto, o Eixo Atlántico e o Concello de Ponteareas, colindante con Monçao y Melgaço, van comezar unha nova liña de traballo na que se analizarán os déficits concretos das diferentes áreas funcionais.

Analizarase a estructura da área funcional e a situación dos servizos da mesma, desde as estruturas económicas até os servizos sociosanitarios, educativos e da administración. En función desta análise, estudarase a mobilidade interna así como con outras cidades de referencia en Portugal e Galicia.

Este traballo é o primeiro dunha liña que se abre e que, nos próximos anos, aplicarase no resto das áreas funcionais de Galicia que integran o quebracabezas completo da comunidade, aproveitando a experiencia e o coñecemento de Portugal, país no que este tema está moi ben resolto coas Comunidades Intermunicipais.