Esta cita buscará defender os intereses "non só" de Galicia, senón de "toda a fachada" noroeste da Península
A reunión terá lugar o venres, 23 de outubro, na capital galega e reunirá a Xoán Vázquez Mao e Lara Méndez, secretario xeral e vicepresidenta do Eixo Atlántico respectivamente, e Agustín Hernández, presidente do Consello Económico e Social (CES).
Desde o Eixo Atlántico non esconden a preocupación sobre como o Corredor Atlántico parece estar nun segundo plano fronte ás prioridades que as administracións parecen depositar sobre outras infraestruturas.
Para o Eixo Atlántico, esta cita buscará lanzar "unha serie de iniciativas unitarias" en defensa do Corredor Atlántico para defender os intereses "non só" de Galicia, senón de "toda a fachada" noroeste da Península, que inclúe tamén a Portugal e comunidades fronteirizas.
A reunión a tres, prevista en principio de forma presencial na capital galega, tamén servirá para mostrar a "preocupación" do Eixo Atlántico ante a deriva que toma" o Corredor con respecto a outras infraestruturas en España", como o Eixo Mediterráneo.