Skip to main content

O Eixo Atlántico e Maia anuncian os Xogos con o Grande Prémio de Atletismo

O Eixo Atlántico e Maia anuncian os Xogos con o Grande Prémio de Atletismo

O Eixo Atlántico e a Câmara Municipal de Maia organizaron unha carreira, aprazada en dúas ocasións pola pandemia, na que participaron 500 atletas

O percorrido do Grand Premio de Atletismo do Eixo Atlántico, cuxa saída e meta se situou fronte á Cámara Municipal de Maia xunto á estatua do Lidador, se realizou en dúas voltas. Os deportistas percorreron, durante 10 km, as principais avenidas de Maia, un dos municipios máis avanzados de Portugal cun papel fundamental na industria, innovación, novas tecnoloxías e no deporte, sendo un modelo instancia de desenvolvemento económico, ambiental e deportivo.

Este evento ten a organización técnica de Eventsport, co apoio da Cámara Municipal de Maia, POCTEP, Asociación de Atletismo de Porto e o Consello Rexional de Arbitraxe da AAP.

Na carreira participaron cerca de 500 atletas, tanto federados como non federados, de ambos sexos e, desde os 18 anos, segmentados en oito categorías en función da súa idade.


O Gran Premio de Atletismo celebrado o domingo anuancia a XIV Edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que inaugurarase o próximo luns 4 de xullo na Praza do Doutor Jose Vieira de Carvalho, Maia, a partir de 16.00 horas (hora local). O acto contará co desfile das delegacións que participan este ano e que reunirá cerca de 2.400 participantes, a cifra máis alta de todas as edicións.