Skip to main content

O Eixo Atlántico coopera con Brasil no marco do programa europeo de Cooperación Urbana para a mellora do medio ambiente

O Eixo Atlántico coopera con Brasil no marco do programa europeo de Cooperación Urbana para a mellora do medio ambiente

Representantes das cidades de São Leopoldo, Viana do Castelo e o  Eixo Atlántico traballarán xuntos en materia de desenvolvemento urbano sustentable

No ámbito da cooperación entre Cidades do Programa Internacional de Cooperación Urbana lanzado pola Unión Europea, as cidades de São Leopoldo e Viana do Castelo  xunto co  Eixo Atlántico, atópanse esta semana realizando na localidade brasileira o seu primeiro encontro bilateral para traballar xuntos en materia de desenvolvemento urbano sustentable, enfocándose en tres áreas principais: xestión eficiente da auga e áreas verdes urbanas, xestión  integral de residuos sólidos urbanos uso de enerxías renovables e eficiencia enerxética.

O acordo, que nace da iniciativa de Cooperación Urbana Internacional (IUC), pretende apoiar a cidades en distintas rexións do globo a conectarse e compartir solucións sobre retos comúns en desenvolvemento urbano sustentable, no marco da Nova Axenda Urbana e a loita contra o Cambio Climático.

Nesta visita, a cidade de São Leopoldo recibiu a unha delegación do Eixo Atlántico, na que participan o teniente alcalde de Viana do Castelo, Víctor Lemos  e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao,  co obxectivo de mellorar o seu sistema de xestión de augas e implementar o uso de enerxías renovables. Así mesmo, traballarán en conxunto para compartir experiencias e prácticas sustentables para avanzar no desenvolvemento urbano das súas cidades á vez que favorecen a internacionalización do seu tecido empresarial.

O alcalde de São Leopoldo, Ary Vannazi, asegurou que “este proceso será moi enriquecedor para ambas as cidades, porque facemos os contactos, intercambiamos experiencias e implementámolas. Os territorios estamos obrigados a executar esta axenda, para seguir creando riquezas e mellorando a calidade de vida dos nosos habitantes, e así ter unha sociedade máis integradora”, afirmou.

Neste ano levará tamén a cabo a segunda parte do intercambio, que se prevé que teña lugar na cidade portuguesa a finais de xuño; a delegación de Sao Leopoldo visitará Viana do Castelo nun programa que xurdirá das prioridades establecidas tras este primeiro encontro co fin de finalizar o plan de acción de ambas as cidades e a formulación dun proxecto piloto sobre o que traballar en conxunto

Sobre IUC

O Programa Internacional de Cooperación Urbana (IUC) pretende apoiar a cidades en distintas rexións do globo a conectarse e compartir solucións para problemas comúns en desenvolvemento urbano sustentable no marco da Nova Axenda Urbana e a loita contra o Cambio Climático. A iniciativa comunitaria xira ao redor de tres eixos principais: cooperación entre cidades que proverá unha plataforma de intercambio de coñecemento e mellores prácticas temas específicos de desenvolvemento urbano, o establecemento do Pacto Global de Alcaldes polo Clima e a Enerxía, e para América Latina, un programa de intercambios entre rexións para estimular o desenvolvemento económico rexional a través a innovación, a competitividade e a especialización intelixente.

Sobre IUC-LAC (América Latina e o Caribe)

Este é o capítulo para América Latina e o Caribe do programa do IUC Global. Contando cun orzamento de máis de 5 millóns de euros e tres anos de duración, serán elixidas 20 cidades de Arxentina, Brasil, Colombia, Chile e Perú; e 20 rexións de Arxentina, Brasil, Colombia, Chile, México e Perú para colaboracións coas súas contrapartes europeas. O Pacto Global dos alcaldes polo Clima e a Enerxía, será establecido en 20 países da rexión. 


GALERÍA DE FOTOS