Skip to main content

O Eixo Atlántico celebrou o primeiro Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do Termalismo

O Eixo Atlántico celebrou o primeiro Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do Termalismo

Na sesión, coorganizada polo Concello de Vizela, cidade onde se realizou, e pola entidade transfronteiriza, foron presentados proxectos sobre turismo termal e de saúde

9 cidades, as Diputaciones de Ourense e de Lugo, e a entidade de Turismo do Porto e Norte de Portugal, participaron no Seminario de Intercambio de Experiencias (SIE) no ámbito do Termalismo celebrado na Casa da Cultura Joaquim da Costa Chicória en Vizela.

O alcalde de Vizela, Victor Hugo Salgado, agradeceu a oportunidade de recibir o SIE e recordou a importancia da tradición termal vizelense unha vez que as súas termas influenciaron no desenvolvemento da cidade.

José Manuel Baltar, presidente do Fórum Termal e presidente da Deputación de Ourense, afirmou que o termalismo é unha ferramenta fundamental para os territorios na loita contra o desafío demográfico, sobre todo nos municipios rurais, onde debe servir como motor de desenvolvemento social e económico. Defendeu que a Eurorregião Galiza-Norte de Portugal é o territorio con maior potencial termal da Europa, afirmando que esta vantaxe competitiva sobre outros territorios debe ser o elemento estruturante para o turismo de fronteira.

4acb3506 8be7 42f0 923d 2001612747db

Neste sentido, Pedro Cantista, da Sociedade Portuguesa de Hidrologia Médica e ex presidente da International Society of Medical Hydrology falou da perspetiva do termalismo mentres fenómeno de saúde e realzou que debe ser feita a distinción entre o que son tratamentos médicos realizados coas augas termais e os que son tratamentos de SPA ou talassoterapia, considerando que a definición desta fronteira é fundamental para orientar os usuarios. Cantista salientou aínda a importancia da creación das ISO para definir directrices de utilización, baseadas en investigación científica.

No panel que abordou a ISO de Servizos de Turismo de Saúde, Noelia Santos, Directora de Formación do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), explicou o proceso de creación da norma ISO/DIS 2252 referente ao Turismo Médico, destacando que a norma é unha ferramenta de referencia, que visa a melloría dos servizos para o paciente e tamén diferenciar positivamente as organizacións que aposten pola calidade.

Á súa vez, João Barbosa, secretario-xeral da Asociación das Termas de Portugal, explicou a importancia da creación da norma ISO 228 Medical Spa Services e asegurou que esta norma é relevante para o desenvolvemento e a calidade dos servizos termais en Portugal, polo que en 2023, xa se poderán iniciar os procesos de certificación, unha vez que se prevé que a norma estea traducida e publicada en decembro deste ano. Tamén referiu que esta norma non se aplica a decisións médicas nin a establecementos de SPA ou talassoterapia e explicou que, debido á diversidade cultural dos varios países que integraron a creación desta norma, foi necesario encontrar denominadores comúns para que a norma poida ser utilizada por todos.

Froito do debate, foi aínda esclarecido polos oradores deste panel que unha das características das normas ISO, é a posibilidade das atualizar e mellorar, sendo que para iso, debe ser solicitada a revisión tras 5 anos da publicación da norma.

Emma Gonzaléz, xerente de Inorde, presentou o Plano de Sostibilidade Turística da Deputación de Ourense, destacando as termas como un dos activos do seu desenvolvemento turístico sustentábel e sinalando que existen varias actividades asociadas ao termalismo que promoven o desenvolvemento local e, aínda, que o turismo está a crecer exponencialmente debido á chegada do AVE á cidade de Ourense.

Xa Pablo Rivera, Deputado da Deputación de Lugo, deu a coñecer o proxecto "Lugotermal: O envellecemento activo, unha oportunidade para o territorio", destacando que con esta iniciativa pretenden ofrecer descontos aos lucenses con máis de 50 anos de idade para que poidan utilizar as estancias termais. Desde 2012 que teñen atribuído máis de 1000 lugares todos os anos. Refire aínda que se trata dun proxecto de promoción da autonomía persoal e envellecemento activo e que dinamiza a economía a través do turismo de proximidade.

Ao longo do Seminario, os municipios presentes defenderon que o impacto do Termalismo vai máis alén do desenvolvemento de actividades de turismo, pois contribúe tamén para a cohesión social e para o desenvolvemento local e sustentábel. No entanto, aínda hai moito traballo a facer, polo que Pedro Cantista defendeu a importancia da xestión das áreas de aquíferos termais para garantir o seu mantemento e utilización.

Neste seminario realzouse a relación entre o turismo, a saúde e as termas, e que esta debe ser reforzada e promovida polos varios axentes para garantir a súa continuidade. Garantir que o termalismo perdure en Portugal e España, contrariamente ao que aconteceu en varios países da Europa, traerá unha vantaxe competitiva, ímpar e con calidade para a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Este programa desenvólvese no marco do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa INTERREG V-A ESPAÑA-PORTUGAL.

286d1286 cc58 4925 9e14 afd77cfa0701

 img 20221116 wa0002