Skip to main content

O Eixo Atlántico avanza na edición dunha nova guía turística da Eurorrexión

O Eixo Atlántico avanza na edición dunha nova guía turística da Eurorrexión

O Grupo Temático de Turismo, reunido en Bragança, analizou tamén as propostas para acoller a próxima feira Expocidades, que se celebrará en 2019

Representantes dunha vintena de concellos de Galicia o norte de Portugal reuníronse esta mañá en Bragança para avanzar nos traballos do Grupo Temático de Turismo do Eixo Atlántico.

En concreto, os representantes municipais abordaron a situación da nova guía turística do Eixo Atlántico, que se publicará no segundo semestre deste ano e conterá información de interese sobre os Espazos naturais  da Eurorrexión.

Ademais, durante esta reunión de traballo os integrantes do Grupo Temático de Turismo tamén trataron as candidaturas presentadas para acoller a próxima feira de turismo de proximidade Expocidades, que se celebrará en 2019.

 

Galería de fotos: