Skip to main content

O Eixo Atlántico avanza na definición dunha axenda movilizadora nos territorios de baixa densidade da Eurorrexión

O Eixo Atlántico avanza na definición dunha axenda movilizadora nos territorios de baixa densidade da Eurorrexión

Este informe, dirixido por María José Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas, foi debatido esta mañá en Ourense entre os responsables políticos dos municipios máis despoblados do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico vén impulsando nos últimos anos un conxunto de informes sobre a situación demográfica da Eurorrexión, Galicia ? Norte de Portugal. Esta situación afecta o despoboamento e ao auxe de incendios en zonas nas que o monte non está coidado ao non vivir ninguén, como se puido observar este verán. O contexto demográfico afecta tamén á falta de peso político derivado do menor número de deputados no referente a Galicia.

Estes informes, algún dos cales foi presentado no Consello Económico e Social de Galicia e debatidos polos Secretarios de Estado de Valorización do Interior, deron paso á elaboración dun plan de combate contra a crise demográfica baixo o formato dunha axenda movilizadora nos territorios de baixa densidade da Eurorrexión.

As liñas mestras deste traballo, dirixido por María José Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas e, desde 2009, directora do Centro de Estudos Avanzados (CEA) da USC, foron debatidas esta mañá na sala de xuntas da Deputación de Ourense polos responsables políticos dos municipios máis despoblados do Eixo Atlántico para garantir a necesaria adecuación entre o documento que se está elaborando e as necesidades reais dos territorios e das persoas que viven neles.

Prevese a finalización deste traballo a inicios de 2023 para que as súas propostas poidan ser integradas con apoio dos próximos fondos europeos, tanto de cooperación como de desenvolvemento rexional.

Á reunión, celebrada na sala de xuntas da Deputación de Ourense, asistiron Alfredo García, Alcalde do Barco de Valdeorras, Pablo Rivera Capón, Deputado da Deputación de Lugo, José Juan Cerdeira, Director da área de Benestar na Deputación de Ourense e Rosendo Luís Fernández, Vicepresidente Primeiro de Deputación de Ourense, e Aclamación Correia, Vereador da Cámara Municipal de Mirandela. Tamén acudiron o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e a autora do informe e experta en demografía, María José Rodríguez Galdo.