O Eixo Atlántico alerta de que a falta de desaenvolvemento do tren compromete elao avance económico de A Coruña e Galicia
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, estivo en entrevista en Hoy por hoy en Las Rías e alertou sobre o atraso no desenvolvemento do ferrocarril que compromete ao avance económico de A Coruña e Galicia. Critica a inexistencia de trens de cercanías e a falta de estudos e planificación por parte da Xunta cuando o ano que vén o goberno vai transferir as competencias de cercanías ás comunidades autónomas
Critica a falta de desenvolvemento da rede interior e as conexións coa Meseta e o corredor transcántabrico, claves para incluír a Galicia na rede europea de transporte e conseguir o apoio financeiro e técnico da Unión Europea.
Defende que A Coruña e Galicia teñen unha posición privilexiada geoestratégicamente fronte á Canle de Panamá para acceder á captación dos megabuques que veñen de Asia, e os transportes de Centro e Norteamérica. Portugal está a impulsar un programa para desenvolver o ferrocarril de mercadorías e, en cambio, denuncia que, sobre todo no norte de Galicia, hai un desenvolvemento ferroviario mínimo. Advirte de que a liña ferroviaria prioritaria europea para a nosa comunidade é a que Europa denomina Ferrol-fronteira portuguesa e mentres non estea desenvolvida non recibirá apoio técnico nin axudas.
Critica que tampouco haxa conexión ferroviaria de mercadorías entre Betanzos e Lugo nin Lugo- Monforte, o corredor polo que sairían as mercadorías cara a Europa. Non hai noticias sobre a tramitación para o corredor europeo. Advirte de que tampouco hai noticia de destino de fondos europeos no corredor Atlántico Coruña-Vigo-Ourense.
Lembra que a conexión de AVE coa meseta segue sendo moi precaria. Soamente chega a Ourense e só conta con dúas conexións diarias en contraste coas frecuencias de AVE doutros puntos de España.
Pode escoitar a entrevista completa: