Unha iniciativa europea que impulsa a integración do mar na planificación urbana e a creación dun Espazo Atlántico Unificado baseado na sustentabilidade, a innovación e a cooperación territorial
Hoxe celebrouse en Viana do Castelo a primeira reunión de stakeholders locais do proxecto ATLANTIC BRIDGES, unha iniciativa europea que avanza cara á construción dun Espazo Atlántico Unificado mediante a integración do mar na planificación urbana.
O Eixo Atlántico, como entidade líder do proxecto, impulsa esta acción cofinanciada polo programa Interreg Espazo Atlántico, orientada a promover un desenvolvemento urbano sustentable nas cidades costeiras do Atlántico europeo.
ATLANTIC BRIDGES aliñase coa filosofía da Nova Bauhaus Europea, promovendo a tripla transición ecolóxica, económica e social, e fomentando a integración dos espazos portuarios na vida urbana, a cohesión social e a dinamización económica dos territorios atlánticos e espacios ribereños.
O encontro reúne representantes institucionais e socios locais para avanzar na definición de accións conxuntas dentro do proxecto, reforzando a cooperación entre administracións públicas, empresas, ámbito académico e sociedade civil.
Participan como stakeholders os municipios portugueses de Matosinhos, Peso da Régua, Viana do Castelo, Gondomar e Vila do Conde, xunto cos socios españois A Coruña, a Deputación de Ourense e Vilagarcía de Arousa.