Skip to main content

O Circuíto Cultural da Romanización da Eurorrexión e a Vía Nova, en Onda Cero Ourense

O Circuíto Cultural da Romanización da Eurorrexión e a Vía Nova, en Onda Cero Ourense
No programa participaron Alfredo García, o alcalde de O Barco de Valdeorras; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico

Onda Cero Ourense enrevistó a Alfredo García, o alcalde de O Barco de Valdeorras; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico para falar sobre o Circuíto da Romanización da Eurorrexión e da Vía Nova.

Xoán Mao asegurou que: "Unha estructura de traballo conxunta, onde a xente xa está habituada a tela como referencia, é a única que pode poñernos a todos de acordo para pór en valor algo que xa é de todos dende a época dos romanos pero que nunca se fixo ata que hai unos anos, dende a Deputacion de Ourense, o Concello de O Barco, a Câmara de Braga e outros pequenos concellos, hubo esta inictiva de empezar a pór en valor a Vía Nova".

Alfredo García, alcalde de O Barco, afirmou que: "Entendemos que non competimos uns concellos do Eixo con outros, senón que somos un territorio de 7 millóns de habitantes que, todos unidos, danos un poder para facer un proxecto en común. Cando apostamos en por en valor a Vía Nova era moi dificil porque o único concello que polo que pasa en Galicia, é o Barco. Ahí foi cando entra a Deputación xa que poder actuar en todo o territorio de Ourense.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asegurou que: "Temos cultura, histori e identidade e, polo tanto, que o Eixo Atlántico advirta da necesidade de pór en marcha un proxecto como este, é unha vantaxe competitiva que outros territorios non teñen".

Pode escoitar o programa completo aquí:

Neste enlace poderán leer o Volume I Circuíto Cultural da Romanización na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

Este programa desenvólvese no marco do proxecto HI_EXPERIENCE, cofinanciado por INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL.