Skip to main content

“O certo é que as Eurocidades son unha entelequia. Son unha idea fermosa, pero non se desenvolveron, non teñen competencias e están exactamente igual que hai 15 anos”

“O certo é que as Eurocidades son unha entelequia. Son unha idea fermosa, pero non se desenvolveron, non teñen competencias e están exactamente igual que hai 15 anos”

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, analiza os resultados das eleccións municipais de Portugal en Metropolitano

P: Nun percorrido rápido pola raia semella debuxarse un efecto espello a ambos lados do Miño. Hai equivalencias nos partidos que gobernan nos municipios que compoñen as Eurocidades. Valença e Tui son socialistas, Salvaterra e Monçao optan polo conservadorismo, por exemplo.

R: Primeiro, imos baixar á realidade. A foto pode quedar moi bonita, pero o certo é que as Eurocidades son unha entelequia. Son unha idea fermosa, pero non se desenvolveron, non teñen competencias e están exactamente igual que hai 15 anos.

P: Falando de Vigo, nestas eleccións municipais houbo un gran cambio que pode influír na cidade. Porto cambiou de alcalde, aínda que non de partido. ¿Mellorarán as relacións Vigo-Porto con Pedro Duarte?

R: O cambio de alcalde en Porto eu creo que vai favorecer un maior entendemento. As propias personalidades dos dous mandatarios, que nin se dirixían a palabra, evidentemente non facilitaban nada. Pedro Duarte, que gañou pola mínima, é moi distinto a Rui Moreira. Aínda que é certo que como alcalde de Porto quere ser o líder do norte.

Lea aquí a entrevista completa.