O Concello do Carballiño e a Cámara Municipal de Braga, en colaboración cos hostaleiros do municipio galego, presentaron unha nova edición da "Ruta de Tapas" relacionada coa gastronomía das cidades do Eixo Atlántico. O evento celebrarase os próximos venres 6 e 13 de maio en horario de 20:00 a 23:00 horas
O Carballiño e Braga, ambas as cidades do Eixo Atlántico, organizan conxuntamente a nova edición da Ruta das Tapas. A presentación do evento, celebrada onte, 3 de maio, no Carballiño, estivo conducida polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e polo alcalde, Franscisco Fumega, quen valorou a resiliencia dos hostaleiros do Carballiño "que souberon saír adiante nos tempos tan complicados de pandemia".
Ao acto acudiu o adxunto do Presidente da Cámara Municipal de Braga, Antonio Barroso, quen afirmou que estaba encantado de visitar un pobo "tan bonito e simpático como O Carballiño" e lembrou como a súa cidade acollese anteriormente a presentación da Festa do Polbo. "Trátase de aproveitar esta colaboración e promocionar turísticamente Braga no Carballiño e Galicia", dixo.
As tapas elaboradas para a ruta carballiñesa poderanse degustar ao prezo de 2 euros e as persoas que participen na ruta entrarán nun sorteo dunha estancia para dúas persoas no hotel de Braga "Porta Nova Collection House".
Pode obter toda a información da oferta hostaleira está na APP «quedamos de tapas.com» e ver o cartel do evento a continuación: