Skip to main content

O Carballiño acolle reunión do Grupo Temático de Turismo do Eixo Atlántico

O Carballiño acolle reunión do Grupo Temático de Turismo do Eixo Atlántico

Abordará, entre outras cuestions, a nova guía turística e a próxima edición de Expocidades

O Carballiño acolle unha reunión do Grupo Temático de Turismo do Eixo Atlántico o que asisten concelleiros e técnicos dos 38 concellos de Galicia e do Norte de Portugal que integran a entidade.

Na reunión abordarase a edición da nova guía turística, a próxima edición da Feira de Turismo, Expocidades e os avances na concreción de accions sobre o trazado do Camiño Portugués a Santiago, un dos eixos principais da acción do Eixo Atlántico en materia de turismo, coa pretensión de que este camiño, no próximo ano santo, este en similares condicións ao Camiño francés.