Skip to main content

O Barco de Valdeorras e o Eixo Atlántico impulsan o turismo como mecanismo para a saída da crise

O Barco de Valdeorras e o Eixo Atlántico impulsan o turismo como mecanismo para a saída da crise

Identifica estratexias para impulsar o turismo no ámbito do municipio

No concello do Barco de Valdeorras presentouse o informe “Oportunidades de desenvolvemento turístico para O Barco de Valdeorras” elaborado por Carmen Pardo López, como coordinadora, experta en turismo, e María Belén Gómez Quevedo e Diana Pereira.

No acto estiveron presentes o alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, a coordinadora da publicación, experta en turismo, Carmen Pardo e a até hai uns días concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal.

portada estudo turismo barco valdeorras 1Clique na imaxe para descargar

O informe “Oportunidades de desenvolvemento turístico para O Barco de Valdeorras” parte da premisa de que a planificación turística non é un instrumento válido para calquera territorio e de calquera dimensión.

Tanto o Eixo Atlántico, como asociación supramunicipal, como O Barco de Valdeorras, como concello ,preocupados por dinamizar a actividade turística, atendendo ao efecto multiplicador que esta pode ter na riqueza e no emprego no seu territorio, consideraron de interese contar cunha visión imparcial e científica que identifica estratexias para impulsar o turismo no ámbito do municipio do Barco de Valdeorras.