O Barco de Valdeorras acollerá o 13 de setembro o 5º Descenso Popular e o 57º Descenso Internacional do Sil

O Barco de Valdeorras será o escenario, o sábado 13 de setembro de 2025, dunha xornada única de piragüismo coa celebración conxunta do 5º Descenso Popular do Sil e do 57º Descenso Internacional do Sil, dous eventos que combinan deporte, lecer e tradición, enmarcados dentro das Festas do Cristo, as máis importantes do municipio.
5º Descenso Popular do Sil
O Descenso Popular ofrecerá unha experiencia para todos os públicos cun percorrido de 7,5 km entre Sobradelo e O Barco.
- Embarque en Sobradelo: a partir das 15:00 h.
- Saída oficial: 16:30 h.
- Meta: O Cachón, con zona reservada para ver as piraguas.
- Festa das piraguas: no Cachón, de 17:30 a 19:30 h, coa música do DJ Isra.
Inscricións:
- Ata o 11 de setembro en deportesdb.laregion.es.
- Cota: 20 € (inclúe seguro, regalo exclusivo e participación no evento).
Entrega de dorsais: desde as 15:00 h do mesmo día, na oficina de Sobradelo.
Premios especiais: participante máis novo e máis veterano, club con máis representación, grupo máis numeroso, mellor disfrace individual e colectivo, e mellor barco colectivo.
57º Descenso Internacional do Sil
Pola súa banda, o Descenso Internacional do Sil consolídase como unha das probas máis emblemáticas do piragüismo galego, reunindo deportistas federados/as de diferentes categorías (cadete, xuvenil, senior e máster, tanto masculinas como femininas), nas modalidades K1, C1, K2 e mixtas.
- Hora de saída: 18:00 h.
- Percorrido: 7,5 km, desde Sobradelo ata o Malecón do Barco, combinando rápidos intensos con tramos de augas tranquilas.
A meta situarase no Malecón, converténdose nunha grada natural onde o público poderá gozar da emoción da competición.
Unha xornada de deporte e festa
A combinación do Descenso Popular e o Descenso Internacional converte esta cita nun evento que mestura participación popular, deporte de alto nivel e espírito festivo.