Skip to main content

O Barco acolle a fin de semana a V Edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico

O Barco acolle a fin de semana a V Edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico e o Concello do Barco organizan a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, que chega este ano á súa V EDICIÓN e se celebrará os días 6 e 7 de setembro na Praia Fluvial do Malecón

A feira contará produtores locais de Galicia e Norte de Portugal, que venderán produtos gastronómicos de calidade, con garantía de orixe e elaborados con paixón no rural. Completan a feira artesáns de Galicia en madeira, artes gráficas e barro. Ademais, haberá obradoiros gratuítos, animación infantil, zona para comer e moita música. Tamén haberá catas con maridaxe e unha mostra de cociña con degustación. Completa a oferta lúdica da feira un concurso de pintura, convocado por primeira vez baixo o lema  “DEBUXANDO O SIL”, con premios para os ganadores en cada categoría. whatsapp image 2025 09 03 at 10.23.57 1

Nesta edición da feira instalaranse 22 stands en total, dos que 19 son de gastronomía (unha caseta ten dous produtores), un de cosmética natural e tres de artesanía. 

PRODUTORES E ARTESÁNS

GASTRONOMÍA

  • GAIA QUEIXERÍA - Queixo de cabra - A Limia
  • MEL O MARQUESADO - Mel e polen - Serra da Enciña da Lastra
  • AMARELANTE S.C.G. - Castañas e bica - Manzaneda
  • BARBUDOS COOP. - Licores Artesanais - O Barco
  • TERRAS GIGURRAS AOVE 100% autóctono galego - Valdeorras
  • QUEIXOSFEIJOO - Queixos - Celanova
  • ÁNADES GALICIA - Foie Grass e Xamón de Pato - Vilardevós
  • COMPOTAS CRISTUS - Compotas - Trás-os-Montes
  • OLIVITTA - Aceite - Vilaflor
  • CUMBRES DE TREVINCA - Queixo de vaca - A Veiga
  • GARCÍA MARCOS - Embutidos tradicionais - Viana do Bolo
  • BICA MANZANEDA - Bica mantecada - Manzaneda
  • CASAL DA FRADISSA - Viño e aceite - Mirandela
  • OLIVAREIRO - Aceite - Quiroga
  • LARPEIRADAS GALEGAS - Doces - A Estrada
  • QUINTA DO POMBAL - Aceite e Améndoa de Vilaflor
  • MONTE CEO - Queixo de Cabra Ecolóxico - Luíntra
  • ALAN DE VAL - Viños - A Rúa de Valdeorras
  • SOFRAGAL - Fariña de castañas e castañas secas – Luíntra

COSMÉTICA

  • PIEL NATURA Cosmética Botánica - San Xoán de Río

ARTESANÍA

  • ARTESANÍA ENXEBRE - Arte en Madeira - O Barco de Valdeorras
  • DEICA CREACIÓNS - Arte galego - Santiago de Compostela
  • CENIZA DE PAPEL - Cerámica en barro - Lugo

ACTIVIDADES QUE SE DESENVOLVERÁN OS DOUS DÍAS DE FEIRA

  1. CATAS NO SIL –

Sábado 6 setembro, ás12.00 horas e ás 19.00 horas, con degustacións de produtos e viños da feira, que dirixirá a sumiller Mercedes González.

Prezo 5€ - Prazas limitadas -  Inscricións: 604 07 69 182. 

2. COCIÑANDO NO SIL -

Domingo 7 setembro, ás 12.00 horas. Demostración de cociña, coa elaboración dun menú con base de allo negro que cociñará Belén Castro, do Grupo Vallelongo, e posterior degustación dos pratos.

Prezo 5€ - Prazas limitadas - Inscricións: 604 07 69 18

 OBRADOIROS GRATUÍTOS

Haberá 4 obradoiros de torno de barro, cosmética natural, creatividade e gastronomía.

  • Sábado 6 setembro

- Obradoiro  “A VOLTAS CO BARRO” ás 11.00 horas, impartido por artesáns de CENIZA DE PAPEL

Prazas limitadas

Inscricións:Stand de Ceniza de Papel Whatsapp/chamar ao 607855397/602631114

- Obradoiro   “PERFUME NATURAL” ás17.00 horas, impartido por artesáns de PIEL NATURA 

Prazas limitadas

Inscricións: Stand de Piel Natura Whatsapp/chamar ao 697943160/630653454

  • Domingo 8 setembro

-Obradoido “CORPOS MÚLTIPLES” ás 11.00 horas,  impartido por artesáns de DEICA CREACIÓNS 

Prazas limitadas

Inscricións: stand de Deica Creacións

-Obradoido “FAI O TEU QUEIXO” ás 17.00 horas,  impartido por artesáns de MONTECEO 

Prazas limitadas

Inscricións: stand de Monteceo

 MÚSICA

  • Sábado 6 setembro

11.00 h – 13.00h. GRUPO ABERTAL para a inauguración da Feira

13.00h. – Sesión Vermut con LOS ROKKENS

19.00 – 21.00h.- DJ’S NO SIL con DJ REPUNANTE

21.30h. – Concerto de "LA DISKETERA" 

  • Domingo 8 setembro

13.00h. – sesión Vermut con "CARTA DE AJUSTE"

19.00 – 21.00h.- DJ’S NO SIL con DJ CARALLÁN

 ARTE

CONCURSO “DEBUXANDO O SIL” conducido por Eva de EL MUNDO DE POPITAS

Dirixido tanto a nenos como os adultos. Os interesados deberán representar nun debuxo o río Sil desenvolvendo a súa capacidade de observación. Haberá mesas e cadeiras para os participantes e será monitorizado pola coordinadora que tamén lles dará aos participantes o papel no que deben realizar e os materiais necesarios para pintar.

Haberá catro categorías:

A.    INFANTIL (5-11 anos) 11.00 a 13.00 horas.

B.     ADOLESCENTE (12 a 17 anos) 11.00 a 13.00 horas

C.    XUVENIL (18 a 30 anos) 16.00 a 20.00 horas

D.    ADULTOS (+30 anos) de 16.00 a 20.00 horas

Máximo 10 participantes por categoría (en total 40 participantes)

INSCRICIÓNS: 604076918

INFORMACIÓN

Técnica: Tizas pastel/carboncillo

Material e soporte proporcionado pola organización

Inscricións: 604076918

PREMIOS:

-     INFANTIL: 1 VALE DE 50€ en colaboración do CC Aberto

-     ADOLESCENTES: 1 VALE DE 50€ en colaboración do CC Aberto

-      XUVENIL:  1 VALE 60€ colaboración de TON Y SON

-       ADULTOS: VISITA A BODEGA+CATA VIÑO colaboración RUTA DO VIÑO

O domingo día 7, exporánse as obras e diranse os premiados ás 19.00h. Os asistentes á feira poderán votar como público pero o xurado estará formado  polos produtores e artesáns participantes.

POESÍA

Haberá un stand para promocionar a poesía de Valdeorras baixo o lema “POESÍA FRIGORÍFICA DE VALDEORRAS”. 

As persoas que visiten a Feira poderán participar no stand, no que se promocionarán  7 poetas e 7 poetisas de Valdeorras de varias épocas. 

No stand, aos visitantes da feira interesados se lles fará un QUIZZ con preguntas sobre autores e autoras de Valdeorras. Só por participar levarán para casa un imán de neveira cunha frase dun autor de Valdeorras e unha tarxeta co fragmento, nome e autor da obra. Se acertan as preguntas poderán levar mais imáns.