Skip to main content

O alumnado de Vila Real visita Santiago no marco do programa “Vivir nos municipios do Eixo Atlántico”

O alumnado de Vila Real visita Santiago no marco do programa “Vivir nos municipios do Eixo Atlántico”

O 22 e 23 de abril será o alumnado e profesorado do CEIP López Ferreiro o que visitará a cidade de Vila Real, continuando deste xeito o intercambio cultural que fomenta a comprensión e o respecto mutuo entre os estudantes de ambos os lados da fronteira

O Eixo Atlántico impulsou unha nova edición dos Intercambios Escolares, inaugurados este ano coa visita de Vila Real a Santiago de Compostela. No marco da súa estadía, o alumnado do centro portugués, acompañado polos seus anfitrións galegos, visitaron imagen de whatsapp 2025 03 25 a las 13.21.58 59345c8desta mañá o Pazo de Raxoi onde foron recibidos pola alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Educación, Míriam Louzao. Durante a súa estadía, o grupo luso asistirá a múltiples actividades como visitas didácticas polo casco antigo e á Catedral, a realización dun obradoiro de gastronomia galega "Coas máns na masa",, un tramo do Camiño de Santiago ou unha plantación conmemorativa, entre outras actividades lúdicas e culturais. 

Vivir nos municipios do Eixo Atlántico

O programa “Vivir nos municipios do Eixo Atlántico” está promovido polo  Eixo Atlántico co obxectivo de promover o coñecemento e a cooperación entre os municipios da eurorrexión. Dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, o programa fomenta o intercambio de experiencias entre os estudantes, permitindo que coñezan a súa propia cidade e o patrimonio cultural, natural e inmaterial dos municipios veciños. Ademais, o programa busca sensibilizar á mocidade sobre a importancia de vivir nun municipio pertencente á Eurorexión do Eixo Atlántico, promovendo a cidadanía activa e a cooperación entre comunidades.

Nesta edición do programa, participan 11 concellos, 6 galegos e 5 portugueses.