O alumnado de Braga visita A Coruña no marco dos Intercambios Escolares do Eixo Atlántico
O alumnado do grupo de 6º curso de Educación Primaria da escola EB 2,3 de Palmeira (Braga) visitou a cidade da Coruña os días 2, 3 e 4 de abril, no marco do IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico. Este programa ten como obxectivo principal fomentar o intercambio entre escolares dos concellos que forman parte do Eixo Atlántico, tanto de Galicia como do norte de Portugal. Durante a súa estadía, o alumnado tivo a oportunidade de compartir experiencias educativas e culturais co colexio CEIP Eusebio da Guarda, centro anfitrión nesta ocasión. A actividade permitiu non só estreitar lazos entre estudantes galegos e portugueses, senón tamén dar a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado visitante, a través de visitas culturais, actividades lúdicas e momentos de convivencia.
O IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico continúa así a súa labor de reforzar a identidade común atlántica e de promover a cooperación transfronteiriza desde idades temperás.
O grupo do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña irá a Braga: do 12 ao 14 de maio.
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/eixo-atlantico/o-alumnado-de-braga-visita-a-coruna-no-marco-dos-intercambios-escolares-do-eixo-atlantico#sigProId9cc9740c63