Skip to main content

O Alto Minho busca recoñecemento internacional nos premios Sustainabilty Stories Awards”

O Alto Minho busca recoñecemento internacional nos premios Sustainabilty Stories Awards”

Os vencedores serán anunciados a 13 de Marzo en Berlín e os interesados poderán votar na rexión a través da internet

O Consello Intermunicipal do Alto Minho, de Portugal, promoveu a candidatura da rexión aos “Sustainabily Stories Awards” do programa “Green Destinations”. Os vencedores serán anunciados a 13 de Marzo en Berlín e os interesados poderán votar na rexión a través da internet.

O Alto Minho é finalista do Galardón “Sustainability Stories Awards”, no ámbito do programa “Green*Destinations”. Presentada pola CIM da rexión e subscrita polo dez municipios do Alto Minho, a historia do Alto Minho, visou promover o Turismo Náutico, a través da creación de produtos accesibles, sustentables e inclusivos.

O “Green Destinations” é un programa internacional que distingue e recoñece o esforzo dos destinos turísticos en implementar estratexias e medidas de xestión que contribúan para a sustentabilidade dos seus territorios nun conxunto diversificado de áreas, desde a: xestión do destino; natureza e paisaxe; ambiente e clima; cultura e tradición; benestar social; negocios e hospitalidade), e unha auditoría independente no lugar.

Os resultados serán anunciados o próximo día 13 de Marzo no evento ITB Berlín.